O Consello da Xunta aprobou hoxe as bases e a próxima publicación, en réxime de concorrencia competitiva, dunha nova liña de subvencións para a modernización e xestión sostible das infraestruturas de artes escénicas e musicais, para a que conta cunha dotación de máis de 1.210.000 euros. Trátase da primeira das convocatorias dirixida ao sector cultural galego que será xestionada pola Administración autonómica ao abeiro do mecanismo europeo de recuperación e resiliencia dos fondos Next Generation EU. A dixitalización, a xestión sustentable e o respecto ambiental son as prioridades desta nova vÃa de apoio aos espazos de exhibición de espectáculos de teatro, danza, música, maxia ou novo circo, que terá continuidade cunha segunda convocatoria o ano que vén. As destinatarias son as súas entidades xestoras, tanto as privadas como as integrantes da Administración local, para o desenvolvemento de proxectos de modernización desde o dÃa seguinte da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG) ata o 31 de decembro de 2022.
Estas axudas implicarán a renovación dos sistemas dixitais de iluminación, vÃdeo, audio, maquinaria escénica e produción en teatros, auditorios e salas, o que redundará nunhas mellores condicións de traballo do persoal técnico e artÃstico, asà como nunha meirande calidade na exhibición dos espectáculos diante do público. Atenderanse, asemade, as necesidades de rehabilitación dos edificios para mellorar a súa eficiencia enerxética e favorecer a súa adaptación ao cambio climático. Con este fin, subvencionaranse os custos de elaboración dos proxectos técnicos; as obras de instalación, modernización e rehabilitación; a compra, montaxe e instalación de equipos e materiais; a renovación das ferramentas de xestión artÃstica e de produción de espectáculos ou os gastos de auditorÃa, entre outros. A contÃa da axuda no caso das entidades privadas poderá alcanzar ata o 80 % do orzamento da proposta, cun lÃmite de 30.000 euros por beneficiaria, mentres que para as entidades públicas esta porcentaxe sitúase no 70 % e a axuda máxima en 50.000 euros. Ademais, o Consello autorizou especificamente a exención da constitución de garantÃas para os pagamentos anticipados solicitados polas adxudicatarias co obxectivo de facilitar e axilizar o financiamento dos seus proxectos.