"A poboación galega ten unha boa disposición a regalar contidos culturais para a rapazada", cun interese cuantificado en 7,9 sobre 10, mentres o interese por agasallar produtos deste tipo na nosa lingua chega ao 7,6. Asà o asevera o Consello da Cultura Galega no último documento de traballo publicado polo Observatorio da Cultura Galega.
É nos fogares con maior grado de equipamento, maior nivel de ingresos e un nivel de estudos máis altos, onde se detecta unha actitude positiva para regalar contidos culturais a menores de 16 anos, con independencia da lingua do produto. O mesmo acontece coas persoas que viven con menores de 16 anos, cunha maior intención das mulleres en agasallar produtos culturais aÃnda que o interese que baixa catro décimas para os que están en galego.
Do mesmo xeito, tamén as persoas sen estudos, desempregadas ou con traballo no fogar presentan un menor interese por agasallar contidos culturais en galego fronte ao que teñen por produtos deste tipo en xeral. Fronte a isto, vese que nas idades máis novas, no estudantado e nas persoas que xa lles falan na nosa lingua aos seus descendentes, os que rachan con esta tendencia e amosan unha maior predilección polas propostas que empregan a mesma.
Os datos desta análise, tirados dunha enquisa, preséntanse como adianto dun traballo máis amplo dedicado a coñecer os hábitos culturais da infancia en Galicia e a percepción que ten a poboación de produtos culturais para os menores de 16 anos, estudo que verá a luz en 2022.