Unha estrutura de 1,50 metros de ancho por 2,20 de alto e catro caras, tres delas cubertas por espellos é a base da campaña "Saca o galego que levas dentro" coa que a SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica quere convidar a empregar a nosa lingua. En cada unha das partes espelladas, as persoas das localidades que visita esta iniciativa poden verse onda as mensaxes "Din que a beleza está no interior. E ti gardas unha lingua fermosa! Saca o galego que levas dentro" e mais o cancelo #SACAOGALEGOQUELEVASDENTRO acompañado da mensaxe "E compárteo con orgullo" que pretende incentivar a publicar autorretratos con esta etiqueta nas redes sociais.
O secretario xeral, ValentÃn GarcÃa, presentaba na Coruña esta proposta, que itinerará por Ferrol, onde xa está tamén instalada unha destas estruturas, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Arteixo. A nova campaña pretende, segundo sinala este departamento, "poñer en valor a lingua propia entre toda a sociedade; destacar a súa importancia como elemento clave da nosa identidade; alimentar o arraigo, o orgullo e o sentimento de pertenza e fomentar o seu uso entre todos os galegos e galegas".
No marco desta campaña, a SecretarÃa anunciou tamén a acción Dálle á lingua que levará a parques de xogo das catro provincias actividades con monitores para promover o uso e a transmisión interxeracional da nosa lingua. O material e as actividades desta iniciativa estarán tamén dispoñibles na rede para libre descarga das familias interesadas.