Berto debuta en solitario con Viaxe ao espazo interior

A metade do dúo Verto lanza un disco conceptual sobre a depresión

26/11/2021 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Cando pasou pouco máis dun mes desde que o dúo Verto anunciou unha pausa na súa actividade, un dos seus compoñentes Alberto Mira, Berto, presenta o seu primeiro traballo en solitario. Viaxe ao espazo interior está dispoñible desde as cero horas deste 26 de novembro nas principais plataformas dixitais.

O vocalista, guitarrista e compositor lanza once temas nun proxecto que se define como "máis persoal e introspectivo, nun primeiro momento, afastado dos canons do pop mainstream, aínda que dialogando co R´n´B, o 70´s Techno, o Lo-Fi e o Bedroom Pop". Trátase dun álbum conceptual centrado na depresión que o propio músico sufriu ao longo do último ano e que se estrutura en capítulos que reflicten diferentes fases da doenza mental e chegan á recuperación.

Para alén do propio Berto, o disco conta con colaboracións deToni Martelo, Hevi de Malandrómeda e Fer, que aparece como segundo membro deste novo proxecto sonoro.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

07/12/2022

Berto presenta "SINTO"

O segundo disco en solitario do artista é un compendio de cancións bailables sobre sentimentos intensos

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Berto, Pop, Medios de comunicación

Claves

Protagonistas