Localizan un posible enterramento infantil ritual no Castrillón de Larouco

Os arqueólogos atopan un depósito votivo de finais da Idade do Ferro no interior dunha cabana

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
O depósito ritual en contexto. Foto: Xeitura

O depósito ritual en contexto. Foto: Xeitura

En abril dabamos conta do remate dos primeiros traballos de recuperación do xacemento de O Castrillón, no concello ourensán de Larouco. Onte a Consellería de Cultura, promotora dos traballos, deu conta dun excepcional achado no interior dunha cabana da que se iniciara a escavación na anterior campaña. No solo desta estrutura rectangular de 30 metros cadrados localizaron un depósito votivo escavado na rocha. Tratábase dunha ola propia das últimas fases da Idade do Ferro que fora intencionalmente pechada cunha lousa e escavada no solo. Segundo o arqueólogo Martiño X. Vázquez, director da intervención, "falamos de depósito votivo porque a ola que recuperamos foi enterrada intencionadamente baixo o pavimento da cabana que a ocultaba. A día de hoxe mantemos abertas dúas posibilidades. Un depósito fundacional con alimentos a modo de banquete festivo ou un enterramento infantil. Malia a non ser un fenómeno habitual no mundo dos castros si existen varias referencias que poden orientarnos en ambas direccións". Os arqueólogos recolleron material orgánico abondo como para realizar varios tipos de analíticas que nos vindeiros meses permitirán abondar nesta hipótese. En culturagalega.gal podes coñecer máis sobre o Castrillón de Larouco na reportaxe asociada a esta nova.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O castro menos castro

O castro menos castro

A nova intervención en Penas do Castelo desvela unha estrutura inédita na Idade do Ferro galega

Castrexos fóra dos castros

Castrexos fóra dos castros

O arqueólogo Ángel Concheiro identifica en Riós (Ourense) un excepcional sitio arqueolóxico da Idade do Ferro

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Idade do Ferro, Culturagalega, Consellería de Cultura, Arqueoloxía...