Os traballos finalistas do V Premio Youtubei@s xa se poden ver na rede

Olaxonmario, Neeumátiko e Cousxs optan ao Premio Youtubeira/o 2021

A casa da cultura de Bertamiráns (Ames) acollerá o 26 de novembro a gala de entrega dos V Premios Youtubeir@s. O trío Tanxugueiras presentará un acto eminentemente musical no que se darán a coñecer os traballos gañadores das 12 categorías desta edición. A coordinadora do certame, Carme Pereiro, destacou na presentación deste evento un "notable aumento na calidade técnica e de contidos" e "unha importante ampliación das temáticas tratadas" nesta xeira do certame.

Na categoría de Youtubeira/o 2021 compiten Olaxonmario, Neeumátiko e Cousxs, e os dous primeiros recuncan no apartado de Canle canda a O Son das Ideas. De novo atopamos a dous deles en competición polo mellor vídeos, onde se atopan Por que non entendo o portugués? Co @Portuguese whit Leo, de Olaxonmario; A nova bomba de Tanxugueiras, de Cousxs, e Educación Franquista, vídeo de Pradorua. Estes tres galardóns contan cunha dotación económica que ascende aos 1.000 euros, mentres que no resto de categorías a mesma é de 500.

No Premio do Público os finalistas son Conversas con Anselmo López Carreira: O reino medieval de Galicia, da canle Orgullo Galego; Amemos o noso,de Xabi Gómez, e El cuarteto de IBAI - Lucas Requena (PARODIA / VERSIÓN GALEGA),Feat. Dani Piñeiro de Fica coa Bola.

Os videoblogs, os deportes, as viaxes, a identidade, a sexualidade, a cociña, os xogos e a música son os principais asuntos que se abordan con máis regularidade entre as youtubeiras e youtubeiros, segundo destacou a organización. En conxunto, Olanxonmario aspira a facerse cos premios en cinco categorías (canle, youtubeira, vídeo, impacto e creatividade). Neeumátiko compite en catro (canle, youtubeira, calidade lingüística, impacto) ao igual que Cousxs (youtubeira, vídeo, calidade lingüística e premio musical). O Son das Ideas, pola súa banda, pelexa por tres premios (canle, técnica e creatividade).

O xurado estivo constituído polo sociolingüista Fernando Ramallo, o xornalista Adrián Lede, a profesora de lingua galega Noemí García, a realizadora e directora do Carballo Interplay Sonia Méndez e Esther Estévez, xornalista e responsable do #DígochoEu da Televisión de Galicia. O certame é unha iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Ames, Moaña, Negreira, O Grove, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e Rianxo, das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo e da Deputación da Coruña.

Relación de finalistas por categorías



1. PREMIO CANLE 
O Son das Ideas: https://www.youtube.com/c/OSondasIdeas
Olaxonmario: https://www.youtube.com/c/olaxonmario
Neeumátiko:https://www.youtube.com/c/neeumatiko



2. PREMIO YOUTUBEIRA
Olaxonmario: https://www.youtube.com/c/olaxonmario
Neeumátiko: https://www.youtube.com/c/neeumatiko
Cousxs:https://www.youtube.com/channel/UCiVIO1EwXrM-nH2AQnlJ5HA



3. PREMIO VÍDEO
Por que é que non entendo o portugués? Co @Portuguese With Leo (vídeo de Olaxonmario):https://www.youtube.com/watch?v=eTgMtKL6xjU
A nova bomba das Tanxugueiras (vídeo de Cousxs): https://www.youtube.com/watch?v=7i4bL3JMew4
Educación franquista (vídeo de Pradorua):
https://www.youtube.com/watch?v=IHnRDoUFQEo&t=11s



4.PREMIO CALIDADE LINGÜÍSTICA 
Neeumátiko: https://www.youtube.com/c/neeumatiko
Cousxs:  https://www.youtube.com/channel/UCiVIO1EwXrM-nH2AQnlJ5HA
Esbardalhando:https://www.youtube.com/channel/UC-wZ4BGhn2j6_C8TAbgsIQw



5.PREMIO IMPACTO 
Pablo Rodríguez Vila:https://www.youtube.com/c/PabloRodr%C3%ADguezvila
Olaxonmario:https://www.youtube.com/c/olaxonmario
Neeumátiko:https://www.youtube.com/c/neeumatiko

6.PREMIO CALIDADE TÉCNICA 
Toxío: https://www.youtube.com/c/TOX%C3%8DO
O Son das Ideas:https://www.youtube.com/results?search_query=o+son+das+ideas
Xacobo de Toro: https://www.youtube.com/c/XacobodeToroCacharr%C3%B3n



7.PREMIO COMUNICACIÓN
AstroXabi:https://www.youtube.com/channel/UCUXcwKz8lfP9HCmLLS0Jp9A
Pablo Rodríguez Vila:https://www.youtube.com/c/PabloRodr%C3%ADguezvila
Un rapáTRANSquilo FTM. :https://www.youtube.com/channel/UC6-Bv4wAeqG0fosD0DH8HHw



8.PREMIO CREATIVIDADE 
Cousas RarísimASMR: https://www.youtube.com/channel/UC59LurczeXkyHRdBkkAePTg
O Son das Ideas: https://www.youtube.com/c/OSondasIdeas
Olaxonmario: https://www.youtube.com/c/olaxonmario



9.PREMIO MUSICAL 
Cousxs:https://www.youtube.com/watch?v=vUjuYUMCXks
FØ Records:https://www.youtube.com/channel/UCjGf34aYEiKmZJQR23AYGzw



10. PREMIO DIDÁCTICO 
Xacobo de Toro:https://www.youtube.com/c/XacobodeToroCacharr%C3%B3n
O Son das Ideas:https://www.youtube.com/c/OSondasIdeas
Neeumátiko:https://www.youtube.com/c/neeumatiko



11. PREMIO PIONEIRO 
Recuncho Gamer:https://www.youtube.com/channel/UCqbohZKRrOTtvsR2H1Qjwig
Pingando: https://www.youtube.com/channel/UC-Zth6S2QbSNzMsyj4MFAcA
Astroxabi:https://www.youtube.com/channel/UCUXcwKz8lfP9HCmLLS0Jp9A



12. PREMIO DO PÚBLICO Conversas con Anselmo López Carreira: O reino medieval de Galicia; da canle Orgullo Galego:https://www.youtube.com/watch?v=cn5u-HqbbacAmemos o noso de Xabi Gómez:https://www.youtube.com/watch?v=EJQVaZzgAD0
El cuarteto de IBAI - Lucas Requena (PARODIA / VERSIÓN GALEGA) | Feat. Dani Piñeiro de Fica coa Bola.:
https://www.youtube.com/watch?v=XIn3btCuIoo