
O volume, que está á venda a un prezo de seis euros, conta con textos como o de Aurora Marco dedicado a As mulleres e a escrita, a análise de Ana Jesús López DÃaz sobre a a situación das mulleres na universidade ou o repaso dos estereotipos sexistas na transmisión do baile tradicional galego a cargo de Carme Campo MartÃnez e Chus Caramés Agra. A relación de xénero e saúde mental da man de Lola Ferreiro DÃaz, unha perspectiva sobre as prácticas museais arredor da muller por Mariám Mariño Costales e outra análise de Andrea Mouriño sobre a ollada masculina nos discursos museográficos fan parte da publicación, que conta con ilustracións de Mónica Montero.