O Consello da Cultura Galega presentaba na mañá deste 10 de novembro a nova Conxuntura Estatística do Ámbito Cultural que elabora o Observatorio da Cultura Galega a repasar a situación do sector ao longo do que levamos de 2021. Os datos amosan, a referendar análises anteriores deste departamento, unha importante recuperación deste ámbito. En particular, o estudo destaca o incremento en gasto cultural das familias, que no período estudado viuse incrementado logo de anos.
Segundo os datos recollidos, "despois de anos de descensos, o galegos e galegas incrementaron en 2020 o gasto nos produtos e servicios culturais" con suba dse máis do 50% no investimento en equipos de imaxe, son e datos, en libros (un 37,1% máis), e en artigos de prensa (18,4%). O descenso máis significativo neste campo foi o gasto en espectáculos e museos, que foi dun 45,5% menos, influenciado polas restricións sanitarias.
Outros indicadores optimistas que reflicte o barómetro son os de creación de empresas e incremento do emprego na cultura. No primeiro dos apartados, a posta en marcha de 83 novas firmas neste ano sitúa o dato no nivel de 2019, mentres o número de persoas que traballan no sector sumou 700 incorporación ata acadar un total 36.200 traballadores e traballadoras. Os servizos da información cun 11% das altas e mais as actividades de bibliotecas, arquivos, museos e outras actividades culturais que suman un 8,1% son os ámbitos que crearon máis emprego.
O estudo recolle tamén datos de 2020 sobre a facturación das salas de cinema que nese período, co impacto da pandemia, perderon 3 millóns de espectadores, un 71,4% menos, o que minguou a recadación en 17,4 millóns de euros. Pola contra, o sector do libro incrementou nun 34,5% o número de títulos inscritos no ISBN e tirou na nosa lingua 489 libros máis que en 2019, un total de 1743, cun importante impulso da edición dixital.