A Sociedade Antropolóxica Galega celebra desde este 5 de novembro e ata o vindeiro dÃa 7 a quinta xeira das Xornadas de AntropoloxÃa, que voltan ao formato presencial logo da pausa motivada pola pandemia de Covid-19. O espazo Nemonon de Pontevedra acolle as sesións desta iniciativa, que teñen como eixe as "reflexións sobre o lado escuro da humanidade" baixo o lema "O mal: Terror sobrenatural, violencia e pobreza".
O sacerdote e exorcista José Criado abrirá o encontro a falar sobre "O mal dende o Cristianismo" a partir da súa experiencia no Santuario do Corpiño de Vila de Cruces. O antropólogo José Luis Cardero, pola súa banda, abordará "O Numinoso, o Sagrado e o Relixioso. Unha mirada cara ás Divindades ancestrais do Terror". Montse Fajardo, a falar da represión sobre as mulleres como forma de terror, e RocÃo Ovalle, profesora da USC, que tratará sobre "Proyecciones que transforman. El bien institucional, el bien colectivo y el bien individual, entre el idealismo y la coherencia" ocuparán a sesión de mañá da segunda xornada.
Finalmente, o criminólogo e escritor Manuel Carballal continuará as xornadas coa intervención No nome de Satán: o mal como xustificación do crime, e a el seguiralle o antropólogo Félix Castro a falar sobre Manuel Blanco Romasanta. No domingo celebrarase un Roteiro polo Parque Etnoarqueolóxico do Outeiro das Mouras guiado polo antropólogo Rafael QuintÃa.