A normalización dos topónimos en Galicia a partir da documentación histórica non só afecta á toponimia actual, senón tamén á de poboados desaparecidos hai moitos centos de anos. Un dos restos arqueolóxicos de máis sona do Xurés é a mansio (a pousada) romana dos Baños de Riocaldo (Lobios), vinculada ao paso da vÃa XIX que atravesaba a antiga Gallaecia entre Braga e Astorga. Ata agora era coñecida como Aquis Originis, pero en breve a mansio vai ser rebautizada, co beneplácito da Xunta de Galicia e o concello de Lobios, e pasará a se chamar Aquis Ogeresibus. Os arquéologos consideran que ese puido ter sido o seu nome orixinal que, ademais, está moi próximo ao topónimo co que hoxe se coñece esa zona: a serra do Xurés. "O termo Aquis Originis só aparece nunha versión do itinerario de Antonino", sinala David Pérez, o arqueólogo responsable da última intervención arqueolóxica en Riocaldo, que acaba de rematar, e responsable da proposta de cambio. O topónimo O Xurés pasarÃa a se converter noutro máis dos topónimos galegos de orixe prerromana que sufriron unha confusión ao longo dos séculos. Considerouse que a vocal inicial do topónimo era un artigo e non parte do propio topónimo, e asà ficou nos últimos cambios normativos. A partir de agora, os paneis explicativos aplicarán o novo nome.
En 2010 os arqueólogos Antonio RodrÃguez Colmenero e Santiago Ferrer Sierra xa publicaran na revista Larouco un artigo no que puñan en dúbida o nome outorgado ao xacemento. "Dubidamos da xenuidade do topónimo Aquis Originis, porque origo de que? e a pregunta quedaba sempre sen resposta". Analizando os diversos códices do itinerario, detectaron que aquel topónimo variaba en cada versión, e parecÃa ser mesmo un erro de transcrición. O acceso ao informe preliminar das primeiras intervencións arqueolóxicas en Riocaldo, realizadas en 1991, permitiulles localizar un importante achado que ata o momento permanecera inédito. Na barriga dunha vasixa estaba inscrito un grafito en dúas liñas no que se daba cabo dunha inscrición que se podÃa traducir deste xeito: "Publio Longo levou a cabo, de bo grao, o seu voto aos deuses Ogereses e tamén aos do pasos montañosos de Bouro". A través da comparación con outras inscricións da área, Colmenero e Ferrer consideraron que o topónimo orixinal da mansio debÃa ser ese Aquis Ogeresibus e que as versións transcritas do itinerario, todas elas posteriores, foran modificando ese topónimo orixinal alusivo aos deuses ou xenios do monte.
A intervención agora rematada revelou novas áreas do xacemento. "Cremos que é moito máis grande do que xa está escavado, a zona termal e a cociña", sinala David Pérez, "terÃa dúas salas distribuÃdas ao redor dun gran patio". Un aspecto destacado da nova campaña é a escavación dun edificio adxacente, de pequeno tamaño, cunha área de 20 metros cadrados. "Puido ser o lugar que habitaba a xente que coidaba a mansio ou os criados, porque ten unha lareira pero detectamos un ambiente máis pobre nos materiais asociados. Por exemplo, non apareceu terra sigillata, a cerámica de luxo romana que se atopa con frecuencia no edificio principal. "O edificio ten uns grandes muros de cimentación, asà que pensamos que poderÃa ter un andar superior", sinala Pérez.
Outro aspecto destacado é o achado de diferentes moedas datadas entre o século II e o século IV d.C. "Esta mansio puido ter sido construÃda polo persoal destacado no forte romano de Aquis Querquernnis", sinala David Pérez, "pero a mansio durou moito máis que o propio forte".
AÃnda que non é posible saber aÃnda o tamaño do sitio arqueolóxico, a presenza de materiais romanos noutras fincas da área, entre eles unha ara dedicada ás ninfas, levan a David Pérez a pensar que seguramente nas proximidades "hai un poboado máis amplo e mesmo un pequeno templo ou santuario".