A pausa provocada pola pandemia de Covid-19 tallou o pasado ano as celebracións vencelladas a SamaÃn e dÃa de Santos. Neste 2021, no entanto, voltan con forza as propostas para conmemorar dos xeitos máis diversos esta celebración. Entre as máis vencelladas á tradición, o Roteiro da Compaña saca ás rúas de Melide na noite deste 31 de outubro medio cento de veciños para interpretar esta procesión de ánimas. Encontros con veciños, as tentativas de pasar a cruz a unha nova persoa, exorcismos e rituais e protección e outras representacións das tradicións vencelladas a esta crenza combÃnanse con recitado e poemas polas rúas da vila.
O Museo da Terra de Melide, que organiza esta actividade destaca que "a dÃa de hoxe, o 31 de outubro converteuse nun Samain desvirtuado (ou peor, nun Halloween alóctono), olvidando por completo que a tradición nosa é celebrar a véspera de Todos os Santos (entendendo que as crenzas relixiosas tamén forman parte da propia evolución da nosa cultura), por iso queremos de novo, sacar á Rolda de paseo por Melide, para que os máis novos coñezan e os máis vellos lembren, que a Santa Compaña era algo presente (e case real), no pensamento e crenzas da nosa xente ata non fai tampo tempo".
Non sairá este ano, no entanto, o Roteiro da Pantalla que o colectivo Capitán Gosende celebraba en Cerdedo desde 2011 cun espÃrito similar. Pola contra, en Catoira a Procesión da Caveiras celebrará a súa vixésimo primeira edición, a amosar as cabazas talladas pola poboación para rematar nun magosto. Tamén en Ourense retornan á proposta, inaugurada hai dous anos, dunha procesión de ánimas, desta volta encarnadas por actores e actrices. E no Allariz de Medo non falta un roteiro de ánimas infantÃs e un percorrido Estadea polas rúas da vila.
O xa clásico SamaÃn en Cedeira, vila onde se recuperou a tradición do tallado de cabazas e se fomentou esta denominación para a data, volta tamén á actividade. Para alén de calacús, o programa inclúe tamén un obradoiro de elaboración dos tradicionais colares de zonchos e unha procesión de pantasmas. Do mesmo xeito retornan á axenda moitos outros roteiros de temática terrorÃfica, aÃnda que non tan vencellados á tradición galega. Roteiros terrorÃficos en Bembrive (Vigo), o de Quiroga, que celebra a súa segunda xeira ou o de Moraña son algunhas das iniciativas nesta liña. Súmase a elas Brión, cun percorrido nocturno de 12 quilómetros no que prometen sorpresas.
Pola súa banda, o proxecto Orgullo Galego publicou estes dÃas na súa canle de Youtube a extensa conversa que mantiveron os seus responsables con antropólogo Rafa QuintÃa arredor das tradicións destas datas.