O proxecto musical do coruñés Xoel López lanza unha edición especial do seu segundo álbum para o País do Sol Nacente

Deluxe, con X de Xapón

| Santiago.Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Xapón verá a finais do vindeiro mes de setembro unha edición especial de “If things were to go wrong”, o último álbum dos coruñeses Deluxe. O proxecto musical de Xoel López ofreceralles aos nipóns traduccións das letras para o seu idioma, ademais de varios temas do seu primeiro álbum e unha canción inédita. Deluxe ten previsto realizar unha xira naquel país nos vindeiros meses, ademais de presentar o seu último traballo en Madrid e en México.

Máis información en La Opinión e no web de Deluxe

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deluxe, Xoel López, Xapón, La Opinión...

Claves

Protagonistas
Entidades