"Unha obra que dá testemuño do camiño que percorremos no pensamento e na práctica da tradución en Galicia". Así presenta Edicións Xerais Unha voz, moitas voces. Xela Arias tradutora, o volume que acaba de presentar en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación e que se centra no labor da homenaxeada no Día das Letras Galegas de 2021 neste ámbito.
Alberto Álvarez Lugrís, Ana Luna Alonso e María Reimóndez coordinan este volume no que se analizan diferentes aspectos do traballo de Arias como tradutora. Segundo salienta a presentación editorial da obra, estudar este labor "de xeito atento, diverso en enfoques e como un opus completo é importante para coñecela a ela, mais tamén para entender esa evolución, sen asumir saltos nin beatificacións".
Desde a AGPTI sinalan que o libro comeza "cunha introdución do equipo editorial e unha enumeración das obras traducidas por Arias e das obras de Arias vertidas a outras linguas. Marga do Val realiza, a continuación, un detallado repaso da carreira de Arias coma tradutora. Vén despois unha serie de artigos centrados sobre todo nas traducións dende o castelán, a transcrición dunha mesa redonda sobre os traballos en colaboración de Arias e outras tradutoras, análises das súas traducións do inglés, e mostras de tradución da obra poética de Arias a outros idiomas".