As discográficas independentes encóntranse en Diske Disco

A primeira feira de selos galegos autoxestionados abre na Coruña esta fin de semana

20/10/2021 | Santiago. Redacción | Seccións: Música

Un espazo para que os selos musicais independentes galegos poidan xuntarse e que sirva de escaparate das iniciativas existentes, ese é o obxectivo da nova iniciativa Diske Disco. A A.C. DistanT Sounds da Coruña organiza esta feira discográfica na Fundación Luís Seoane a vindeira fin de semana (23 e 24 de outubro), reunindo artistas e representantes de case unha decena de pequenas discográficas que ofrecerán desde pequenas actuacións ata charlas e debates.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións
Compartir:

Diske Disco nace con afán de continuidade para ofrecer un foro de encontro do que tamén poidan xurdir alianzas, proxectos ideas e redes de apoio profesional para sacar adiante a complicada labor de editar música actualmente. Esta primeira edición contará coa participación de varios seles autoxestionados, algúns dos cales levan a cabo unha intensa actividade editorial sacando adiante traballos dalgúns dos artistas máis destacados da escena alternativa. Na Fundación Seoane estarán os selos Ferror Records, La Familia Revolucion, Uterzine, Sounds Like Sunday, Radix Records, Tú Al Monte Yo Al Mar, CGTH, Pim Pam Records, El Beasto e Freeky Dicky, segundo informa Solofolar. Con eles algúns dos seus artistas a través de sesións Dj ou peqenos cocnertos no programa.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, A Coruña, Luís Seoane, Fundación Luís Seoane...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares