O disparo de saÃda da que será a vixésima edición do Premios Mestre Mateo do Audiovisual Galego ven de darse coa publicación das bases de presentación e a apertura do prazo, onte mesmo. A Academia Galega do Audiovisual fixo para a ocasión unha renovación de determinadas condicións das bases "atendendo ás demandas do sector e aos novos hábitos de consumo dos espectadores". Os cambios sinalan a unha apertura de determinados premios (Mellor Programa, Mellor Realización e Mellor Comunicador/a) máis alá dun formato puramente de emisión televisiva, incluÃndo contidos xerados e difundidos por Internet nas redes sociais ou calquera outro medio ou plataforma audiovisual.
No Premio a Mellor Comunicador/a poderá participar calquera profesional que comunica un contido en vÃdeo e o distribúe por Internet, asà como os intérpretes que aparecen en programas sen necesidade de ser os condutores ou presentadores. Tamén no relativo aos premios a longametraxes hai un cambio que ten que ver coa situación actual da produción de animación, moi activa noutros anos en Galicia e menos prolÃfica nestes últimos, polo cal a existencia de dúas categorÃas de galardón entre filmes de imaxe real e de animación só se dará no caso de chegar a presentarse un mÃnimo de tres longametraxes de imaxe real e dúas de animación. En todo caso a Xunta Directiva ou, no seu caso a comisión de seguimento, resérvase a posibilidade de modificar as categorÃas en función da produción, establecendo un mÃnimo de 2 candidatos en cada categorÃa. Os premios están restrinxidos a aquelas producións cuxa primeira comunicación pública teña lugar dende 1 de decembro de 2020 ao 30 de novembro de 2021.
Segundo fai constar a Academia, os premios, a través das normas que conteñen estas bases, intentan conxugar tres elementos básicos: a igualdade de oportunidades ante os premios de todas as persoas que traballan no sector audiovisual, a adecuación á realidade sempre cambiante, e a necesidade de ofrecer ós membros da Academia, e ao público en xeral, unha Gala que sexa un espello atractivo da realidade do sector audiovisual galego. O prazo de inscrición de obras e profesionais para participar nos XX Premios Mestre Mateo está aberto desde onte, 14 de outubro de 2021 ata o 5 de novembro ás 14:00 horas.