Durante moito tempo considerouse que a ocupación máis antiga do actual núcleo urbano da cidade da Coruña fora de época romana, cunha posible fundación a mediados do século I despois de Cristo. Unha nova publicación acaba de cambiar as tornas. Na antiga cidade vella da Coruña existiría un "enclave portuario" da Idade do Ferro, activo entre os séculos II e I a.C., no que "o intercambio comercial entre galaicos e mediterráneos parece unha actividade relevante, aínda que non exclusiva". Así o consideran os arqueólogos Samuel Nión-Álvarez, do grupo Síncrisis da USC, Guadalupe Castro González, do grupo Ecopast da mesma universidade e Marco Antonio Rivas Nodar, o arqueólogo municipal coruñés, no artigo "Una puerta a la ocupación prerromana de A Coruña: el yacimiento de Príncipe 17" publicado no último número de Spal - Revista de Prehistoria y Arqueología da Universidade de Sevilla. A publicación revisa os materiais aparecidos en escavacións urbanas. Esta investigación engade unha importante actividade prehistórica ás orixes da cidade. Segundo os autores, esta é "unha posibilidade que durante moitos anos ten sido rexeitada, deostada ou simplemente ignorada".
Un establecemento da administración imperial romana
O sentido do asentamento romano da Coruña sempre estivo en discusión entre os expertos. Nunha reportaxe anterior de culturagalega.gal, o profesor Francisco Javier González resumíranolo do seguinte xeito: "na Coruña sabemos que había un asentamento probablemente vinculado á Torre de Hércules e a un posible porto, con escravos ou libertos imperiais que actuarían como funcionarios e que dependían da administración do convento lucense; no caso concreto dos documentados na Coruña se encargaban do cobro dos impostos por movemento de mercadorías".
Os novos datos procede dunhas sondaxes valorativas realizadas no interior dun edificio localizado no número 17 da rúa Príncipe, na zona alta da cidade vella coruñesa. Nun "depósito homoxéneo" sobre un afloramento rochoso atoparon case 1000 fragmentos de cerámica de bo tamaño. "O 91% da mostra analizada correspóndese inequivocamente con producións da Idade do Ferro. Trátase do primeiro contexto arqueolóxico homoxéneo do Ferro definido na cidade vella da Coruña, cuestión que creba o actual paradigma da investigación e que require unha contextualización urxente". Non é o único inmoble da zona vella asentado sobre restos da Idade do Ferro. Nas rúas das Tinallas e Santo Domingo tamén apareceron máis fragmentos cerámicos da Idade do Ferro. Nesta última, recuperáronse nunha única intervención a enorme cifra de 17.000 fragmentos cerámicos, que aínda están pendentes de seren analizados, pero "que podrían retrotraer sus inicios al siglo II a.C.", segundo os investigadores.
Un establecemento vinculado ao Brigantium das fontes clásicas
Os fragmentos revisados permitiron localizar recipientes de almacenaxe galaicos e cerámica de importación mediterránea, incluíndo ánforas púnicas. Os investigadores tamén sinalan outra circunstancia curiosa: polo tipo de materiais, consideran que esta ocupación indíxena "non duraría moito máis de 100-150 anos, sen superar o primeiro tercio do século I a.C.", e relacionan o asentamento co lugar mencionado nas fontes romanas como Brigantium, ao que chegou Xulio César. Porén, o asentamento foi abandonado case un século antes de que se producira a ocupación romana da Coruña. Non parece existir continuidade entre as dúas.