Diana Sieira estrea na Coruña a súa obra 'The Witch'

É a primeira dramaturxia de creación propia da actriz boirense

É a primeira dramaturxia de creación propia da actriz boirense
Diana Sieira en 'The Witch'
Diana Sieira asina e interpreta a obra que estrea hoxe no Forum Metropolitano da Coruña, 'The Witch'. A actriz de Boiro, afincada en A Coruña, conta en 'The Witch' a historia dunha das miles de mulleres acusadas por bruxería na Idade Media. A través dunha dramaturxia fragmentada veremos á actriz que nos relata desde a comedia e a farsa a historia da caza de bruxas; á menciñeira ocupada entre plantas e ungüentos; e á muller encarcerada que se enfronta a un xuízo do que non sabe como sairá parada. A través das voces en off tamén participan da obra Manuel Lourenzo e Marita Martínez e na proposta o propio público tomará parte activa, con pequenos rituais e mesmo na decisión final de resolución. Sieira ten experiencia como monologuista, presentadora de TV (Luar) e noutras obras teatrais. Esta é a súa primeira creación propia. A obra comeza ás 20:30 horas e o prezo das entradas é de 9€ para o público en xeral e de 7€ para desempregados, estudantes e xubilados.