Palabra e imaxe, poesÃa e fotografÃa, dialogan na nova exposición que a Deputación de Pontevedra organiza na súa sede de Vigo (rúa de Eduardo Chao, 17) no marco da celebración das Letras Galegas en homenaxe a Xela Arias. "Lebres coma Gacelas", que reúne 21 poemas asociados a 21 imaxes fotográficas, toma como referencia o libro de Xela "Tigres coma cabalos", onde a autora homenaxeada confrontaba cada un dos seus poemas con imaxes do fotógrafo Xulio Gil. Deste xeito, nesta nova proposta da Deputación son sete mulleres da escrita galega, Tamara Andrés, Alba Cid, Lorena Conde, Lara Dopazo, Miriam Ferradáns, Olga Novo e AntÃa Otero, as que amosan as súas obras poéticas creadas expresamente para a mostra e inspiradas nas imaxes dos tamén artistas referentes Eva DÃez e Fran Herbello.
As poetas participantes crearon as súas pezas para a mostra (tres cada unha) inspiradas polas imaxes de Eva DÃez e Fran Herbello, que retratan o corpo e a contorna cunha ollada fixa na realidade máis inmediata. Temas como a arquitectura, especialmente relacionada coa paisaxe, están moi presentes nas distintas obras presentadas na mostra, asà como a pegada do corpo humano na vivenda e nas citadas paisaxes. A mostra, comisariada e coordinada polo Servizo de Cultura da institución provincial e que poderá visitarse ata o 28 de novembro, é un proxecto multidisciplinar que toma como inspiración o tÃtulo da obra de Xela Arias, pero coa escolla de dous nomes de animais en feminino cunha clara declaración de intencións, reforzada ademais pola asociación simbólica que estes teñen coa intelixencia, coa axilidade e coa liberdade.