Máis de 1000 aldeas xa desapareceron segundo o instituto galego de estatÃstica e outras 8000 están a piques de desaparecer; o 66% de galegas de máis de 65 anos aprenderon a falar en galego, mentres que nas menores de 14 redúcese ao 19%; o 96% das canles de televisión con audiencia en Galicia son en castelán e 14 dos 15 xornais galegos están impresos en castelán. Estes son algúns dos feitos sinalados como 'leiv motiv' pola nova compañÃa Amorodio Teatro para presentar a que é a súa obra de arranque: 'Reino da extinción'. Hoxe venres preséntanse en estrea con esta montaxe no Auditorio Municipal de Vigo, onde tamén actuarán mañá sábado. Tras diso a compañÃa ten datas para a súa posta en escena desta obra en Sanxenxo, Fisterra e Caldas de Reis.
A compañÃa Amorodio nace da iniciativa de catro persoas xurdidas da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD). Alba Nogueira, Carmen Facorro, Javier Castiñeira e Raquel Velasco xuntaron na ESAD as súas inquedanzas escénicas e conformaron Amorodio, un nome que xurde da intención de darlle a volta aos sentimentos contraditorios de dar valor "ao de fóra, mentres desprestixiamos o de dentro". Esta primeira montaxe incide xustamente nunha reflexión en clave de comedia sobre a identidade galega. Para ela, os catro intérpretes membros da compañÃa contan coa dirección e dramaturxia de Laura Porto e o espazo escénico deseñado por Bea de Vega e Dani RodrÃguez.
'Reino da extinción' preséntase coma unha comedia hilarante que conta a perspectiva de catro persoas de diferentes épocas da Historia galega que, forzadas a convivir nun Alén moi distinto do que imaxinaban, poñen a proba a nosa idea do que significa ser galegos, vivir en Galicia e falar a nosa lingua. Cada personaxe actúa de bandeira da súa propia época e perspectiva e a través dos seus encontros e desencontros a obra buscará a resposta a preguntas sobre a identidade galega : Que define a Galicia? Será a comida excelente, a dúbida constante ou… Quizais a xente? E que é ser galega ou galego? Foi Galicia o mesmo en tódolos momentos da súa Historia? Cando comezou e cando rematará Galicia?