A pesares de que a documentación epistolar persoal está xa en proceso de total desaparición, hai aÃnda anacos do pasado que poden ser recuperados grazas a eses escritos. A Fundación Eduardo Blanco Amor vén de aumentar os seus fondos documentais coa cesión das cartas que o director, guionista e escritor Gonzalo Suárez recibiu do escritor ourensán con motivo da rodaxe da pelÃcula 'Parranda' (1977), baseada na novela 'A Esmorga'. As tres misivas cedidas forman parte da correspondencia persoal que mantiveron o director e o autor, "pero só estás refÃrense directamente á rodaxe dunha pelÃcula que ten a Ourense, á Auria Blancoamoriana, como protagonista", destacou Manuel Baltar, presidente da Deputación e da fundación. O cineasta ven de ser recoñecido polo Ourense Film Festival co seu galardón honorÃfico Calpurnia de Honra.
Eduardo Blanco Amor traduciu 'A Esmorga' ao castelán en 1973, optando por titular a súa obra como 'Parranda'. Catro anos despois, en 1977, Gonzalo Suárez dirixiu a adaptación ao cine da novela coa participación dos actores Fernando Fernán Gómez, José Sacristán, José Luis Gómez e Antonio Ferrandis. Coa súa achega, Gonzalo Suárez contribúe a desenvolver un dos principais obxectivos da fundación como é a conservación de toda a documentación relacionada coa figura de Blanco Amor, ademais dar a coñecer a relación do escritor co mundo do cine, que se suma asà ás moitas actividades que realizou nos ámbitos da literatura, o xornalismo, as artes ou a fotografÃa.