O audiovisual galego gaña presenza este ano na 26ª edición do festival Cinespaña de Toulouse coa proxección de ata cinco producións, tres delas dentro das seccións oficiais de competición. Este evento que terá lugar na cidade francesa entre o 1 e o 10 de outubro e en toda a Rexión de Occitania ata o 31 do mes, está organizado pola asociación AFICH (Association du Festival International du Cinéma Hispanique) e procura a promoción e difusión do cine español no paÃs galo. No pasado ano, segundo as cifras oficiais, chegaron a venre ata 14.000 entradas de cine e tiveron unha capacidade de convocatoria para reunir ao longo do seu desenvolvemento ata 46.000 persoas.
A representación do cine galego e en galego está encabezada nas seccións de competición polo filme Eles transportan a morte (Filmika Galaika, El Viaje Films, La Banda Negra, Blond Indian Films), a longametraxe de Helena Girón e Samuel Delgado recentemente estreada e premiada na semana da CrÃtica de Venecia competirá en dúas categorÃas oficiais: Novos Cineastas e Ficción. Nesta última categorÃa tamén foi seleccionada a longametraxe Ons (Maruxiña Film Company SL & Bando À Parte Lda.), de Alfonso Zarauza, gran vencedora na pasa edición dos Premios Mestre Mateo do Audiovisual Galego. Ademais destas dúas obras, Nación(Nós Productora Cinematográfica Galega) , o filme da cineasta e académica Margarita Ledo, competirá tamén oficialmente na sección de Documentales con outras seis producións españolas.
'O que arde' entre o mellor dunha década
A causa da ausencia de pelÃculas españolas estreadas no pasado ano pola pandemia, o festival decidiu facer na sección Panorama unha selección dos 10 mellores filmes españois da década de 2010. A premiada e recoñecida pelÃcula de Óliver Laxe, O que arde é unha delas e será proxectada dentro desa sección non competitiva. A lista galega da presenza en Toulouse este ano engade tamén unha curtametraxe: Da morte nace a vida, de Adrián Canoura (Burela, 1991). A peza participa da sección oficial dedicada ao formato curto, Relámpagos, no apartado Memorias Vivas. Este traballo de corte documental forma parte do proxecto CINEGALICIA 2019, inspirado na pelÃcula Urxa de Carlos Gallego e Alfredo García Pinal.