Os arquitectos premian o legado de César Portela como "referente internacional"

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia fallou a XIX edición dos premios á traxectoria profesional

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia fallou a XIX edición dos premios á traxectoria profesional
O arquitecto César Portela. Foto: Cidade da Cultura
O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) recoñece a traxectoria profesional de César Portela, quen "co seu estudo desde unha pequena cidade como Pontevedra conseguiu ser un referente na arquitectura internacional, con obra construída presente en países como Xapón ou Emiratos Árabes Unidos". Para o COAG, "trátase dunha obra que abarca tódalas escalas; dende pequenas intervencións realizadas cun gran coidado e respecto ao Patrimonio construído e ao entorno natural no que se enclava, ata os grandes edificios dotacionais nos que se combina arquitectura, construción e o emprego de novas tecnoloxías, ou a reinterpretación da vivenda tradicional, onde acadou un modelo con características propias e identificables". Na dilatada traxectoria de recoñecementos de César Portela figura o Premio Nacional de Urbanismo (1981) e dúas veces o premio europeo Philippe Rotthier (2002 e 2005).