Localizan un novo petróglifo cunha embarcación en Oia

Atópase nunha localización similar ao coñecido petróglifo de Auga dos Cebros

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
O petróglifo ao carón dunha escorrentía. Foto: Bruno Novoa

O petróglifo ao carón dunha escorrentía. Foto: Bruno Novoa

No concello de Oia continúan a aparecer motivos rupestres vinculados a embarcacións. Desta volta, Bruno Novoa e Xurxo Salgado localizaron no monte Lousado, preto doutras estacións de arte rupestre e restos arqueolóxicos, unha gravura rupestre que representa unha embarcación, segundo un artigo publicado por Novoa en Historia de Galicia. O motivo atópase polo momento en bo estado de conservación, mide 1,6 por 1,7m e ten a particularidade de que se atopa ao carón dun regato, nunha posición non moi diferente da máis coñecida representación rupestre dun navío, tamén en Oia: o coñecido petróglifo de Auga dos Cebros. "O gravado do barco ten uns surcos moi pronunciados qeu o fan visible a simple vista, mesmo con luz difusa. É unha carácterística que chama a atención dende o primeiro momento xa que as rochas do redor presentan unha meteorización moi forte. Por iso, ou ben o petróglifo foi repicado en tempos máis modernos, ou ben permanecía baixo terra e recentes cambios de fluxo de auga provocaron que quedara ao descuberto".

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O petróglifo das mil caras

O petróglifo das mil caras

A limpeza da estación rupestre da Eira dos Mouros, no castro da Cividade (Cerdedo-Cotobade) evidencia os cambios na arqueoloxía galega

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Oia, Xurxo Salgado, Historia de Galicia

Claves

Protagonistas
Lugares