Nun antigo camiño real de Pereiro de Aguiar (Ourense) que discorre pola ribeira do rÃo Miño atópase unha curiosa e enigmática inscrición que leva chamando a atención de investigadores e afeccionados desde hai décadas. Ao carón dun pequeno abrigo de pedras, figura un texto de difÃcil tradución: "Sicenata pacata". Non hai consenso entre os investigadores sobre o que quere dicir, e sobre el traballaron algúns dos grandes especialistas en epigrafÃa latina: Ferro Couselo, LuÃs Monteagudo, Miguel Romanà ou RodrÃguez Colmenero. Ferro Couselo sinalara una posible tradución como "vencidos e pacificados" e a súa gravación en época romana, aÃnda que o sentido do epÃgrafe é tan ambiguo que mesmo se especulaba con que tivera que ver co asedio do monte Medulio. Como curiosidade, moi próxima á inscrición localÃzanse os restos dun castelo roqueiro medieval. A empresa Xeitura emprendeu un proxecto de documentación e recuperación do espazo dirixido polo arqueólogo Martiño X. Vázquez. O resultado permitiu localizar cerámica de época medieval no abrigo rupestre e un posible encrave da Idade do Ferro nas proximidades. A idea é socializar a investigación, asà que están previstas o venres 10 e 17 de setembro, en horario de tarde, diferentes actividades, como "cartografÃa participativa e prospección da contorna", na procura de novas inscricións e restos. O dÃa 25 realizarase tamén unha visita guiada noturna para coñecer a enigmática inscrición. Quen desexe participar pode remitir un correo a sicenatapacata@gmail.com indicando os seus datos e a actividade á que apuntarse.
Mostras de cerámica localizadas. Foto: Xeitura
Mostras de cerámica localizadas. Foto: Xeitura