Un total de 33 editoras de 132 proxectos reparten os 200.000 euros de axudas á tradución de obras desde e para o galego que resolveu a ConsellerÃa de Cultura, segundo recolle o Diario Oficial de Galicia deste 13 de agosto. As cifras supoñen un incremento a respecto do pasado ano, cando se apoiaron 94 proxectos de vinte editoras co mesmo orzamento. Segundo explica a ConsellerÃa, "o importe das axudas destinarase a sufragar, total ou parcialmente, os custos de tradución da obra literaria, dos que se aboarán un máximo do 90%. Entre os criterios de valoración para a concesión das axudas estiveron o interese cultural da obra e a extensión da tradución e as caracterÃsticas da mesma. Asà mesmo, deuse prioridade á tradución das obras de poesÃa".
Rinoceronte editora é a firma máis beneficiada da convocatoria. Segundo a listaxe feita pública pola Xunta, suma 31.787 euros que apoiarán os proxectos de verter para a nosa lingua unha vintena de obras entre as que se atopan clásicos como A aventuras de Huckelberry Finn e os Contos dos irmáns Grimm canda a obras como O xardÃn secreto, A bruxa novata ou O paxaro burlón. Séguelle a editorial Tegra, que obtén 30.147 euros cos que desenvolverá versións de dezanove tÃtulos para a nosa lingua con obras como El anillo de Lugh, Dragón, Habana ou Veinte poemas de mi alma y una melodÃa sin retorno. En terceiro posto, con 17.170 euros de apoio, Small Stations Press abordará as versións en inglés das obras galegas A noite do corvo, Resistencia, Illa soidade e Os corpos invisibles.
O Instituto para el Desarrollo Educativo y Cultural, pola súa banda, suma 13.435 euros destas axudas coas que abordará a tradución para a nosa lingua de tres volumes de contos de Emilia Pardo Bazán. Follas Voadoras, nome empresarial de Aira Editorial, aposta por tÃtulos clásicos e con 11.605 euros de axuda traducirá ao galego Heidi, O nome da rosa, A narración de Gordon Pym, O misterio do cuarto amarelo, a Obra completa Konstantin Kavafis ou, de xeito curioso O xardÃn secreto, que ademais de nas proposta de Rinoceronte aparece tamén repetida nas da editorial Galaxia. Dáse a circunstancia de que a obra de Frances Hodgson Burnett cumpre 110 anos da súa edición orixinal neste 2021.
Bolanda Edicións verterá para o castelán a triloxÃa de novela negra Vicus de Beto Luaces e achegará ao galego a recente Pandemias. Las pandemias que asolaron la humanidad o epidemiólogo Juan Gestal co apoio de 10.904 euros. Os 9.082 euros que obtén Galaxia, pola súa banda, cubrirán as tradución do xa comentado O xardÃn secreto, de Diario do ano da peste, Claudine na escola, Dublineses, Bambi. Unha vida no bosque ou Os lÃmites ao crecemento, entre outros.
Versátil Servizos Editoriais suma 8.767 euros nesta convocatoria, Kalandraka Editora obtivo 8.731 e
Flor de Santiago 7.613 euros que destinará a traducir o volume do mesmo tÃtulo. Bululú, pola súa banda obtivo 6.563 euros, Hércules de Ediciones 5.951, Hugin e Munin 4.993, Edicións Laiovento 3.948, e Catro Ventos Editora sumou 3.538.