Play-Doc avanza novidades sobre a programación da que será a súa 17ª edición e que se celebrará en Tui do 22 ao 26 de setembro. Ademais das primeiras retrospectivas españolas dos norteamericanos Manfred Kirchheimer e Bette Gordon, no festival deste ano poderanse ver dúas pelÃculas nunca antes vistas no noso paÃs e que foron realizadas na década dos oitenta.
Este año en Play-Doc abordan a retrospectiva internacional do cineasta norteamericano de orixe alemán Manfred Kirchheimer, que ademais asistirá ao festival para presentala en persoa. Desde as súas primeiras curtametraxes como Colossus on the River (1963) ata as súas obras de madurez como Stations of the Elevated (1981), pelÃcula que xa se puido ver en Play-Doc 2017. A retrospectiva inclúe tamén a súa pelÃcula máis persoal e controvertida: We Were So Beloved (1985). A tamén norteamericana Bette Gordon será outra das protagonistas presentes en Play-Doc presentando a súa obra no marco dunha retrospectiva que comprenderá os traballos que a cineasta realizou entre 1974 e 1983. A selección inclúe tres colaboracións co artista James Benning: Michigan Avenue (1974), I-94 (1974) e The United States of America (1975). Tamén se poderán ver as pelÃculas que Gordon realizou en solitario.
Estreas de pelÃculas esquecidas
O festival de Tui recupera para o seu programa dúas longametraxes documentais que no seu tempo non foron exhibidas en España. A primeira delas leva por tÃtulo Sepa: Nuestro Señor de los milagros (1987) e está dirixida polo suÃzo Walter Saxer, coñecido por ser o produtor de Fitzcarraldo (1982), do realizador alemán Werner Herzog. Sepa era o nome dunha colonia penal ao aire libre creada en 1951 polo goberno de Perú como parte dun programa de colonización do Amazonas, cuxo obxectivo era o de promover a agricultura entre os presos no medio da selva peruana. É a única obra de Saxer como director e en cuxa narración participou tamén o escritor e Premio Nobel de Literatura, Mario Vargas Llosa–, supón o único documento visual desta penitenciarÃa experimental da que practicamente non existen vestixios. O cineasta ademais impartirá en Tui unha clase maxistral moi especial na que compartirá as súas experiencias no mundo do cinema, falará dos seus traballos con Herzog ou Klaus Kinski, de como se produce unha pelÃcula baixo as condicións máis extremas e, entre outras cousas imposibles, de como subir un barco a unha montaña.
Outra das sorpresas desta edición de Play-Doc será a exhibición da última pelÃcula recuperada polo Filmmuseum de Munich do singular realizador alemán Wolf Eckart Bühler, recentemente falecido. A súa viúva Hella Kothmann acudirá a Tui para acompañar a estrea española de Amerasia (1985), considerada por moitos crÃticos como a súa mellor pelÃcula. A medio camiño entre o documental e a ficción, Amerasia segue o regreso ao sueste asiático dun ex combatente da guerra de Vietnam, na súa procura dunha nena non desexada, como tantos outros fillos nados de soldados norteamericanos, nunha especie de versión persoal de Bühler de Centauros do deserto (1956) de John Ford.