Como é habitual, as editoras galegas de banda deseñada aproveitan o mes de agosto para concentrar as súas novidades, a aproveitar a coincidencia co salón Viñetas desde o Atlántico da Coruña. Deste xeito, Demo Editorial está a presentar estes dÃas os seus últimos lanzamentos, cos que suma novos nomes de autores galegos ao seu catálogo.
Aldara. A lenda do cervo branco é o tÃtulo do novo traballo de Inés Vázquez. A autora, que debutara cunha historia curta no volume colectivo Licor Café presenta a súa primeira proposta longa, "unha fantasÃa costumista para todos os públicos que nos amosa o rural galego máis máxico e que máis bebe das tradicións". A lenda tradicional A doncela Cerva, que Leandro Carré Alvarellos recolleu na zona de Doncos no século XIX serve de base para esta obra de 144 páxinas a toda cor.
Pola súa banda, Jorge Campos asina As aventuras de Vani. Montaña. Dirixida ao público infantil, a obra preséntase como "dinámica, divertida e chea de acción cun telón de fondo ecoloxista" e narra as aventuras do protagonista, Vani, na súa tentativa que facer a viaxe da súa vida ata o cumio dun monte.