A Área de Cultura da Deputación da Coruña daba a coñecer este 9 de agosto a resolucións das súas subvencións para a distribución de filmes en galego. A partida distribuíu un total de 96.352 euros entre oito producións. Cuñados de Toño López con 25.000 euros é a principal beneficiada desta liña, seguida por Nación de Margarita Ledo, que leva 13.126. Negro Púrpura, de Illa Bufarda, Malmkrog de Cristi Puiu, A metamorfose dos paxaros de Catarina Vasconcelos, A virxe roxa de Marcos Nine, No somos nada de Javier Corcuera e a curtametraxe The Monkey de Xosé Manuel Zapa, son os outros proxectos que reciben axudas nesta convocatoria.
Segundo lembraba o responsable provincial de cultura, Xurxo Couto, o obxectivo desta convocatoria é "eliminar os atrancos que, historicamente, atopan tanto o cinema galego como o cinema dobrado ao galego para a súa distribución en salas de exhibición. Así, en virtude desta liña de axudas, chegarán ás pantallas de salas públicas e privadas tanto títulos rodados orixinalmente en galego, como outros rodados noutras linguas e dobrados ao galego".