O produtor ourensán Alfonso Blanco "Fosco" recibirá o Premio Ourense da 26 edición do Ourense Film Festival. Blanco é director xeral da produtora Portocabo, unha das máis importantes do panorama audiovisual estatal, e responsable de éxitos como a pelÃcula Cuñados ou de series como Hierro. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, comunicoulle persoalmente a Alfonso Blanco a decisión da organización de outorgarlle o Premio Ourense, e resaltou "a súa traxectoria profesional desde a produtora galega Portocabo, destacando en particular o seu ourensanismo militante, e o seu interese en fomentar a provincia como plató audiovisual, como ben de confirmar coa exitosa comedia Cuñados, enteiramente rodada en Ourense". O produtor agradeceu enormemente o premio: "É unha honra recibir este recoñecemento no festival da miña cidade".
Traxectoria
Nado en Freixido, concello de PetÃn, Alfonso Blanco viviu na cidade de Ourense dende mozo, onde se trasladou a rematar os seus estudos e desenvolveu a súa afección polo cine. No mundo do audiovisual comenzou traballando en series mÃticas da TVG como Mareas Vivas, Terra de Miranda, Padre Casares ou Matalobos. Tamén produciu diversos programas de televisión e é docente do Máster de Produción e Xestión Audiovisual da Universidade de A Coruña.
No ano 2010 funda a súa propia produtora, Portocabo, buscando producir ficción de calidade para televisión e que de seguido comeza a ter éxito. Vidago Palace, unha coprodución entre a TVG e a RTP portuguesa comeza o camiño do éxito internacional que segue con Hierro, de Movistar+ ou con Auga seca, adquirida pola HBO. O pasado ano deron o salto ás longametraxes con Cuñados, rodada integramente en Ourense. A pelÃcula, que contou coa participación de RTVE, TVG e Movistar+ e coa colaboración da Deputación de Ourense e a D.O. Ribeiro, foi un gran éxito neste 2021.
Tamén dende o pasado ano, Alfonso Blanco é membro da International Academy of Television Arts & Sciences, sendo o primeiro galego e o séptimo español en conseguilo. Trátase da organización de empresas de produción e distribución máis importantes do mundo e que recoñece a programación televisiva producida fora de Estados Unidos cos Premios Emmy.