Festivais formateados pero de volta

Lugo, Valdeorras, Combarro e Vilaboa acollerán novas edicións dalgúns eventos

Lugo, Valdeorras, Combarro e Vilaboa acollerán novas edicións dalgúns eventos
SilFest Valdeorras
Ante as incertezas que aínda ten a situación sanitaria e coa experiencia do ano pasado, aínda son varios os eventos que agardan bastante para aparecer no calendario tras un largo parón de case dous anos. Estes días algúns veñen de asomarse á axenda para vindeiras datas, tanto deste mes de agosto como para o vindeiro setembro. Facemos un repaso dalgunhas das citas musicais que máis recentemente se anunciaron.



Lugo ten Caudal
Do xoves 16 ao sábado 18 de setembro de 2021, o Concello de Lugo voltará a acoller o Caudal Fest. Serán tres días de concertos no recinto de sempre, o Xardín do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, nas datas de sempre e con formato sentado en mesas. O cartel aparece xa pechado e encabezado Love of Lesbian e Nathy Peluso; ademais deles estarán por Lugo outras bandas representativas da escena estatal como La M.O.D.A., Bad Gyal; Iván Ferreiro, co seu concerto especial de longa duración da xira Cuentos y Canciones (2004-2021); o vigués Sen Senra, cun dos poucos concertos deste verán; os vascos Shinova; Kutxi Romero de Marea; os instrumentais Toundra, Ladilla Rusa e o local David Prado representando a música lucense. As entradas poñeranse á venda na web www.caudalfest.es o mércores 18 de agosto ás 12:00 do mediodía.

Armadiña
Xa confirmaran celebración e enfoque na música galega, agora o Armadiña Rock de Combarro xa pechou o cartel dunha nova edición baixo o lema 'Moito por sachar' quen terá lugar os días 20 e 21 de agosto na localidade pontevedresa. O cartel da primeira xornada ofrecerá a Monoulious DOP, The Tetas'Van e a Banda do Patio, mentres que para segunda chegarán a Combarro os Dakidarria, Cuarta Xusta, Mekanika Rolling Band e as Pandeireteiras do Ronsel. Ademais de todo isto o festival ofrece obradoiros para cativos e outras actividades e o concerto Cores, contos e Rock'N'Roll con Ramona Órbita. Esta edición do Festival habilita unha plataforma de reserva de entradas. Poderanse reservar as cadeiras desde hoxe a través da plataforma Woutick!.

SilFest Lite
Unha versión de festival en formato reducido permitirá ao SilFest de Valdeorras volver a reunirse co seu público este ano. O evento celébrarase en xornada única, o 28 de agosto no seu sitio habitual, xunto ao río ao seu paso pola vila ourensá. A música en directo non faltará e o cartel ofrece tres banda: La La Love You, Nunatak e Apartamentos Acapulco.

Hai Canteira
A Canteira de Paredes, en Vilaboa (Pontevedra), acollerá a volta dunha nova edición do CANTEIRA FEST desconfinado, os dias 17 e 18 de setembro, reunindo ata 1000 persoas por día nese espazo singular. Zeltia Irevire, Verto, Paula Docampo DJ, Bravatukas, Pauliña, A Rabela, Cuarta Xusta, O Gato de Cheshire e Lisdexia, conforman o cartel musical, ademais do grupo de teatro Migallas, para os máis pequenos. Como nas anteriores edicións, a formación en feminismo será un piar fundamental do evento, artellando diversos coloquios sobre as temáticas máis actuais no eido feminista. A temática do festival céntrase nos distintos modos de ser muller, facendo fincapé nas mulleres transxénero e as súas demandas.