A Fundación Manolo Paz recoñece o arquitecto Gallego Jorreto

A entidade de Cambados desenvolve o día 13 as súas sextas xornadas

Imaxe do exterior da sede da Fundación Manolo Paz. Fonte: Facebook da Fundación.
Imaxe do exterior da sede da Fundación Manolo Paz. Fonte: Facebook da Fundación.
O arquitecto Manuel Gallego Jorreto recibirá o vindeiro 13 de agosto o VI Recoñecemento Fundación Manolo Paz como galardón ao seu traballo. Este premio, artellado pola entidade que custodia o legado do escultor que lle dá nome, quere servir de "recoñecemento a unha persoa que foi capaz de crear unha obra que reunise todas as condicións para merecer dito galardón", segundo explicaba o propio Manolo Paz.

O galardón entregarase durante a celebración das VI Xornadas Fundación Manolo Paz, que transcorren no mesmo día 13 de agosto. Ademais do acto de entrega, o programa inclúe a inauguración, nas propias instalacións da Fundación, da exposición A diferenza repetida de Uxío López. O propia artista manterá unha conversa cos asistentes no evento. Unha acción poética de Estevo Creus, co título de O lugar que non hai e un concerto de Su Garrido Pombo completan a axenda das xornadas.

A Fundación, situada na aldea de Castrelo, en Cambados, conta cun museo dedicado á obra do escultor que lle dá nome e organiza diferentes exposicións e actividades culturais.