
Filgueira Valverde un dos grande especialistas na obra de Afonso X e protagonista do DÃa das Letras Galegas de 2015, reuniu e comentou nesta achega divulgativa as sete cantigas que teñen unha localización galega clara, xunto a outras catro sobre os grandes milagres da peregrinación a Santiago de Compostela e dúas sobre lendas relixiosas universais que tamén contan con versión galega. A escolma complétase con sete pezas profanas de escarnio e maldizer do rei con referencias a personaxes galegas.
Santa MarÃa fronte á peregrinación xacobea
En "Afonso X e Galicia e unha escolma de cantigas", Filgueira Valverde achega ao público xeral a obra literaria do monarca e explica o seu contexto histórico, subliñando a difÃcil relación do rei con Galicia, salienta o académico Henrique Monteagudo. "Esta publicación que agora recuperamos é unha achega singular dun erudito que foi quizais o primeiro especialista de referencia internacional en Afonso X e as Cantigas de Santa MarÃa. A súa tese, dedicada á Cantiga 103 e que veu a lume en 1936, foi a primeira en España sobre este cancioneiro. Posteriormente, publicarÃa outros traballos sobre esta obra e o monarca. O libro que editou co gallo do DÃa das Letras Galegas de 1980 resulta de grande interese pola introdución e os comentarios que realiza sobre a problemática relación do monarca con Galicia e, nomeadamente, coa peregrinación xacobea, da que Afonso X foi pouco entusiasta. De feito, as Cantigas de Santa MarÃa téñense interpretado como unha obra de propaganda de peregrinacións rivais a Santiago, ao promover a romaxe a distintos santuarios marianos".