A Axencia Galega das Industrias Culturais publicou no seu web o pasado 28 de xullo a resolución das subvencións de creación audiovisual para o desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego, dotadas com 194.000 euros. A listaxe de proxectos beneficiados desta convocatoria cubriu o total de dezanove adxudicacións previstas nas bases para as distintas categorías.
Os apoios de maior contía son os da categoría C, que apoia tres proxectos de longametraxes en versión orixinal galega con 30.000 euros para cada un. Na resolución aparecen como concesionarios nesta liña a produción A unidade componse da desorde de Álvaro Liste, Ödland de Milpinton Filmes e mais Aurora de Gaitafilmes. No apartado de webseries, recibirán apoio desta convocatoria os proxectos A arte de ser (mal) pai de Miraveo Assets e mais a segunda temporada de Amnesia 3.0 de Aqueladas S. Coop. Gal. Xuvenil.
Na categoría A, de "subvencións para proxectos de guión de obras orixinais ou adaptación de obras literarias para longametraxes cinematográficas" obtiveron cadanseus 5.000 euros Helena Girón Vázquez para Baixo risco, Sara Traba Rotea con O paso das formigas, Berio Molina Quiroga para As aspis, Daniel Domínguez García co seu proxecto Invernadoiro, Irene Basanta Pin con Terás que saltar e mais David Alonso González para Maluca.
No caso da modalidade B1, para "curtametraxes sobre proxecto en versión orixinal galega", contarán con 6.000 euros os proxectos Gran Sol de Adrián Canoura, Desembocadura de Daniel Viquiera, Caderno de Ana María Domínguez, Maloserá, proposto por Santiago Diéguez, o Xineceo de Laura Cotelo Bouzas, e mais a curta Nese momento o amor foi escuro e só puiden chorar de Aldara Rodríguez Pagán. Na categoría B2, destinada a curtametraxes en construción, obteñen 4.000 euros os proxectos Anatomía dunha serea de Belle Films & TV e mais Somnia de Coven Films.