Santiago de Compostela festexará o vindeiro sábado 31 a contemporaneidade da música galega de raÃz cunha nova edición do TradFest, que inclúe 20 concertos, ruadas e unha feira de artesanÃa, entre outras actividades, coa participación de máis de 60 artistas galegos e internacionais. A nova edición volve a realizarse no parque e igrexa de San Domingos de Bonaval usando varios palcos polos que pasará un abano de artistas representando unha gran variedade de estilos e estéticas dentro da música tradicional: o Cuarteto Caramuxo, Marcos Coll , Caldo, Caamaño & Ameixeiras, Tobie Miller, Najla Shami, Mulleres de Gharghamala!, Xico de Carinho e Cuchús Pimentel, Grupo 1500, Os da PorfÃa, TOR, Mozart á galega, Antonio Prado e Miguel Vázquez. O evento pechará cunha foliada ao vivo na praza da Quintana que contará coa participación da Banda da Crechas e convidades de luxo: Felisa Segade, Os da PorfÃa, Marcos Coll, Caamaño & Ameixeiras, Sheila Patricia. Todas as actuacións son de balde pero é precisa a retirada previa de entradas.