O dramaturgo Ernesto Is (Xixón, 1988), é o gañador do XVI Premio Abrente de Textos Teatrais da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia con Profetas, unha reflexión sobre a arte, o amor, as cidades e as ficcións que nos conforman como persoas, segundo informa o medio especializado Erregueté-Revista Galega de Teatro. Ernesto Is, titulado superior en dramaturxia pola ESAD de Galicia forma parte do consello de redacción da revista e é un dos coordinadores do seu sitio web. Está é a segunda vez que o dramaturgo acada este galardón, toda vez que no ano 2016 a súa peza Fendas foi premiada ex aequo xunto a Todo sobre Eva de Xandra Táboas.
Segundo a acta do xurado, a obra gañadora "presenta o encontro dunha parella que xa non o é, para facer un balance da súa relación, dos encontros e desencontros, despois de varios anos, dende a etapa de maior inmadurez ata a solidez intelectual e fÃsica". O xurado indica que "esta obra teatral ten a materia da cal está feita a vida". Gaba o xurado a calidade do texto como "maxistralmente escrito" e indican que posúe "un ritmo narrativo perfecto, con cadencias, musicalidade e cambios adecuados. Tamén destaca a construción dos personaxes, con peso equitativo tanto para o home coma para a muller, cos cales o público empatiza en igualdade, volvéndose ademais uns xoguetes moi atractivos para calquera actor e actriz". Erregueté informa que o xurado salienta "as referencias moi pertinentes da literatura e do cinema na peza, coma Moby Dick, que se integran con naturalidade na construción dunha tipoloxÃa de intervención escénica próxima ao ton da conversa. A cuestión metateatral desta obra funciona coma un xogo de agochados, de saltos e retos na recepción. As figuras escénicas están en desamor pero namoran ao público e atrapan a súa atención". O Premio Abrente para Textos Teatrais está dotado cunha cantidade de 3.500 euros máis a publicación da obra na colección “Abrente de textos teatrais” da editorial Difusora de Letras, Artes e Ideas.