A análise de 15 esqueletos achados no espazo da antiga Capela Real da catedral de Lugo (hoxe capela do Pilar) e datados entre o século XIV e o inicio do século XV revelan o profundo impacto da violencia urbana na cidade. Boa parte dos individuos analizados, integrantes do clero catedralicio e da aristocracia local, conservan traumatismos, posiblemente relacionados cunha violencia que ten a súa correspondencia nos intensos feitos históricos vividos na cidade na Idade Media. Ao longo do século XIV Lugo era unha polvoreira antes da chegada da pólvora. Nas crónicas figuran asasinatos de prelados e colaboradores, apedramentos, guerras civÃs e inclúen o asasinato do mordomo do bispo levada a cabo pola famosa nobre MarÃa Castaña. Os relatos históricos teñen agora unha correlación nos traumatismos detectables nestes corpos exhumados durante as escavacións da Capela do Pilar. Asà se relata no artigo Biological histories of an elite: Skeletons from the Royal Chapel of Lugo Cathedral (NW Spain), publicado por Olalla López-Costas (Universidade de Santiago de Compostela), Gundula Müldner (Universidade de Reading, Reino Unido) e Kerstin Lidén (Universidade de Estocolmo), no último número da revista International Journal of Osteoarchaeology.
Os case mil fragmentos óseos localizados nos enterramentos situados na actual Capela do Pilar e antes Capela Real da Catedral de Lugo permitiron ás investigadoras obter un enorme abanico de datos sobre saúde, alimentación e mesmo biografÃas dos quince corpos estudados, a maior parte deles homes adultos de avanzada idade para a época. Os corpos, pertencentes a cregos, capeláns, sancristáns ou administradores vinculados á institución da capela real da catedral ou aos seus familiares aristócratas, revelaron numerosos traumatismos, como roturas de falanxes, de costelas ou craneais. "AÃnda que algúns dos traumas atopados nos esqueletos poden ser causados por actividades cotiás, os traumas craneais están vinculados coa violencia interpersoal", sinala López-Costas, "o número de individuos con traumas craneais é máis alto que noutras necrópoles europeas e claramente máis elevado que noutras necrópoles galegas". En moitos casos, os cregos non deberon morrer das agresións. "O feito de que os traumas e outras patoloxÃas tivesen unha boa curación podÃan ser relacionados co tratamento médico que sabemos que estes eclesiásticos e os seus familiares debÃan ter".
Unha das claves da investigación é a conexión entre o rexistro arqueolóxico, as análises forenses e a documentación da catedral, que permiten coñecer por exemplo a contratación de médicos para a atención do persoal catedralicio. O equipo examinou 1407 documentos da época para comprender a vida cotiá das persoas vinculadas ao templo, a súa alimentación, mobilidade e os sucesos que puideron afectar ás súas vidas. Unha das claves é toda unha serie de conflitos civÃs que enfrontaron ao señor feudal da cidade, o bispo, cos burgueses e labregos. Por exemplo, o xuÃzo no que se encausou ao bispo don Xoán por asasinar a dous membros do concello de Lugo despois de que estes o apedrearan en 1345, o asasinato do bispo Don Lopo por un grupo de artesáns (xastres, cordeleiros e peleteiros) e mercaderes en 1403, ou o homicidio de Francisco Fernández, mordodo do bispo Pedro de Aguiar, por parte da nobre rural de Cereixa (A Pobra do Brollón) MarÃa Castaña e os seus fillos. Pero os documentos tamén alertan da propia participación dos cregos en accións bélicas, como o asedio co que Enrique II someteu á cidade en 1366 durante a guerra civil deste rei contra o seu irmán Pedro I, apoiado polo cabildo da catedral e por moita da nobreza galega. E todo isto nun contexto de profunda crise económica e social provocada pola Peste Negra, que tamén afectou á cidade.
E para comer, Lugo
O estudo revelou a boa alimentación dos cregos da catedral de Lugo. Por exemplo, o elevado consumo de peixe fresco de mar e de rÃo (anguÃas) e de carne, que supón "os valores máis elevados de todas as poboacións de Galicia e Asturias analizadas ata hoxe, incluÃdas aquelas poboacións da mesma época e de clase media da Galicia litoral". O alto consumo de carne tamén se reflectÃa en evidencias de doenzas como a gota. E unha curiosidade: dous esqueletos tamén escavados durante a memsa intervención, pero localizados xa por fóra da catedral da época, tiñan valores moi baixos de consumo de proteÃna animal.
"Tiveron unha vida moi activa e viaxeira, con moitos recursos alimentarios á súa man, incluÃndo carne, ovos, queixo e anguÃas. Posiblemente consumÃan tamén moito viño", sinalan as investigadoras, que destacan que varios deles viviron tamén en zonas de costa durante un tempo e un deles procedÃa do interior da penÃnsula, feito que se relaciona coas conexións que tiña no século XIV Lugo coa corte real. De feito, a construción dunha Capela Real en Lugo tiña que ver coa pretensión do bispo Pedro López de Aguiar, que foi confesor do rei Pedro I e se mantivo a ben cos seguintes reis, de albergar na catedral un futuro panteón real. Pero ningún membro da casa real de Castela veu soterrarse a este panteón, e o seu chan encheuse dos corpos, e das vidas, dos capeláns e sancristáns que viviron tan turbulentos tempos.