A 37ª edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia conseguirá para o teatro o que outros festivais de sectores como a música non conseguiron, recuperar o contacto coa escena internacional. A MIT desenvolverase ao longo de 10 xornadas cunha intensa programación entre o 16 e o 25 de xullo de 2021, baixo o lema 'a arte marca a diferenza'. O festival quere ser unha clara expresión de recuperación cultural, económica e turÃstica, apostando pola calidade e a coherencia dun programa con catro coproducións galegas, varias estreas nacionais e internacionais, talleres e foros. A parte internacional a traerán a estrea da prestixiosa compañÃa belga de Jan Lauwers e a presentación do aclamado coreógrafo grego Christos Papadopoulos. Os núcleos temáticos ao redor dos que se configura o programa manteñen o pulso dos debates da actualidade incluÃndo as 'fake news', a desmitificación do amor romántico e o feminicidio. Ademais tamén hai unha presenza destacable da dramaturxia contemporánea e as versións a partir da obra de Shakespeare. Hoxe levouse a cabo a presentación do programa nun acto en Ribadavia.
A apertura do festival contará coa estrea do novo espectáculo de Jan Lauwers, Billy's Violence, o dÃa 16 de xullo, un espectáculo creado pola compañÃa Needcompany, a partir das dez traxedias de Shakespeare, e péchase o dÃa 25 coa obra de teatro fÃsico Dejà vu, do catalán recentemente premiado pola súa dramaturxia de teatro circo Manolo Alcántara. Outras estreas que terán lugar este ano en Ribadavia serán as de dramaturgos contemporáneos emerxentes coma Pablo Rosal ou galegos coma o ourensán Fernando Epelde (por partida dobre na MIT con #2Pilgrims de Redrum Teatro e a versión de Othello, con Voadora). A MIT contará ademáis con pezas coproducidas polo Centro Dramático Nacional coma Querido Capricho ou a convivencia de tres dramaturgos galegos e portugueses no concurso de reescrita DramMITurga e que conta co apoio do Centro Dramático Galego, o Instituto Camões e a propia Asociación que impulsa a iniciativa, DramaturgA, Asociación Galega de Dramaturxia.
No ámbito da danza e as artes do movemento a MIT acolle a 3ª edición de Residencias ParaÃso, coa bailarina Adriana Reyes, o coreógrafo e bailarÃn Javier MartÃn ou a presentación do libro de historia da danza contemporánea galega do profesor e investigador Afonso Becerra. Pero ademais, dúas pezas de danza terán cabida este ano na grella de espectáculos, a peza de autoficción Bailar Agora, da ourensá Marta Alonso Tejada e como parte internacional, Christos Papadopoulos, coreógrafo do equipo de artistas que deseñou as cerimonias de apertura e clausura dos Xogos OlÃmpicos de Atenas de 2004, presenta por vez primeira en Galicia unha das súas pezas de repertorio, Elvedon, espectáculo inspirado na novela de Virginia Woolf The Waves, unha obra que trata sobre a vida de seis amigos desde a infancia ata a madurez e a vellez.
Múltiples escenarios e teatro familiar
A 37ª edición da MIT desenvolverase en múltiples lugares da vila ourensá, a maiorÃa ao aire libre e conta coa incorporación de espazos singulares como as vistas ao val do Avia dende A Franqueirán, dentro do programa SputMIT, satélites da MIT. A Casa da Cultura, o Castelo, a Igrexa da Madalena e a Alameda, completan o conxunto de lugares nos que se poderá gozar de todo tipo de espectáculos, pezas de danza vertical sobre fachadas, pezas sobre memoria histórica e memoria cultural, teatro-circo, premiados espectáculos para toda a familia ou humor con actores e actrices da talla de Malena Alterio, Mabel Rivera, Tomás Pozzi, Luis Bermejo, etc. Ademais dos espectáculos para público adulto, a MIT tamén conta cunha oferta de igual nivel de espectáculos para o ámbito familiar, con espectáculos, como Cris, pequeña valiente, unha peza da andaluza El espejo negro, coproducida polo Teatro Soho de Antonio Banderas e que aborda a temática da transexualidade. Tamén, na rúa, teatro de monicreques a partir da vida e obra de Concepción Arenal, de Xela Arias (a autora homenaxeada polo DÃa das Letras Galegas) ou a premiada danza de hipopótamos dos valencianos Zum Zum Teatre. A reserva de abonos para todos os espectáculos do Castelo rematará o dÃa 30 de xuño e a partir do 1 de xullo poderanse mercar as entradas de todos os espectáculo na wen www.ataquilla.com ou na propia oficina do festival, na entrada da Praza Maior de Ribadavia. O prezo varÃa entre os 5 e os 10 euros.