A exposición A memoria do son explica os instrumentos medievais

O Museo Catedralicio de Santiago abre o proxecto interactivo este 29 de xuño

| Santiago. Redacción | Seccións: HistoriaExposicións
Compartir:
A exposición A memoria do son explica os instrumentos medievais

O Museo Catedralicio de Santiago abre no seu local do Pazo de Xelmírez este 29 de xuño a exposición A memoria do son. O proxecto amosa os "avances e coñecementos da sonoridade instrumental e vocal medievais" nun proxecto interactivo que convida a tocar, escoitar e coñecer o contexto no que se desenvolveu a música desde a Idade Media. A mostra está aberta ata o vindeiro 25 de xullo.

Nos contidos amósanse "unha ampla representación dos instrumentos musicais máis populares en Europa, desde os albores do século XII ata finais do século XIII". A posibilidade tocar un salterio ou escoitar o son das pezas expostas no propio teléfono móbil son algunhas das propostas desta iniciativa, que dá a coñecer tamén o traballo de recuperación deste patrimonio sonoro que se fai en Galicia desde os anos 90. A mostra está organizada pola Colección de Instrumentos Musicais do Centro de Artesanía e Deseño, dependente da Deputación de Lugo. O catálogo da exposición está dispoñible íntegro en liña.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Idade Media, Pazo de Xelmírez, Facebook, Deputación de Lugo...