O director do Centro Dramático Nacional, Alfredo Sanzol, usou todas as linguas oficiais nos diferentes territorios do estado para dar a benvida á presentación da nova programación do Centro para a tempada 2021-2022, desde o Teatro María Guerrero. O concepto da reconstrución, persoal e colectiva, posterior a un impacto como o da pandemia, enfía esta oferta que presenta en réxime de produción propia ou coprodución ata 27 espectáculos, 7 dos cales supoñen a presenza do teatro galego nesta nova tempada do organismo estatal no que a ex-directora do Centro Dramático Galego, Fefa Noia, é directora adxunta. O vídeo da presentación deixa ver así as intervencións dos axentes implicados nestas propostas desde Galicia: Xesús Ron, por Chévere Teatro; o vigués Pablo Fidalgo; a directora Marta Pazos; Ana Vallés, dramaturga e directora; a autora Esther F. Carrodeguas; as tres integrantes de A Panadaría e as dúas de Teatro en Vilo, Andrea Jiménez e Noemí Rodríguez. Catro destas montaxes son producións propias do CDN, mentres que as outras tres fanse en réxime de coprodución.
Polo escenario do teatro María Guerrero pasarán case todas estas producións, comezando o vindeiro 17 de setembro con N.E.V.E.R.M.O.R.E., unha creación en coprodución da compañía Chévere con dramaturxia e dirección de Xesús Ron na que darán conta dunha versión diferente do que ocorreu co desastre do petroleiro Prestige en 2002. Posteriormente en El libro de Sicilia, o seu autor Pablo Fidalgo, tamén como director propón unha viaxe a un territorio de ruínas para falar do tempo, a historia e a reconstrución. A directora da compañía Voadora, Marta Pazos, volve (tras 'Viaxe á lúa') sobre un texto de Lorca que non atopou destino, unha comedia inacabada que non ten título e así consta como Comedia sin título. Matarile Teatro, comandada pola directora Ana Vallés coproducirá para o CDN a obra de autoría propia Inloca en xaneiro. Dentro da súa liña de traballo de autorías colectivas teatro En Vilo, a compñái formada Andrea Jiménez e Noemí Rodríguez creará Blast, un gabinetes de crise con achegas varias. Do programa de Residencias Artísticas do CDN previstas para a tempada xurde a proposta dramatúrxica Supernormales, unha traxicomedia negra que asina Esther F. Carrodeguas e dirixirá Iñaki Rikarte no Teatro Valle-Inclán de Madrid en marzo do 2022. Las que limpian / As que limpan será a proposta en coprodución da compañía A Panadaría, de Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman, unha montaxe con texto propio que reivindica ás camareiras de piso dos hoteis, un traballo cunha visión de xénero. Na páxina web do CDN están xa dispoñibles as detas e a reserva de entradas para estes espectáculos (e os coloquios asociados a eles), algúns dos cales sairán en xira pola vontade do CDN de achegar a súa oferta a todo o territorio do Estado.