O pasado marzo o concello de Baiona adquiriu finalmente ao Ministerio de Defensa unha parcela de 98.000 metros cadrados en Cabo Silleiro. Trátase da BaterÃa de Costa de Cabo Silleiro, un complexo militar composto por edificios, canóns e túneles "en estado ruinoso", e que comezaron a ser ocupados polo exército no ano 40, aÃnda que as edificións son posteriores. O vindeiro 25 de xuño rematará o prazo que o concello de Baiona abriu para que os veciños poidan achegar propostas para a recuperación deste espazo e asignarlle novos usos a esta zona que dispón dunhas vistas privilexiadas do Atlántico. Segundo Carlos Gómez Prado, alcalde de Baiona, "Queremos que sexa un espazo para diferentes actividades, multiocio. E poñelo en valor dende o punto de vista paisaxÃstico, ambiental e histórico". Os elementos máis significativos da parcela son os búnkeres, que aÃnda contan con canóns Vickers, o búnker de telemetrÃa e os douscentos metros de corredores subterráneos que comunican as diferentes estancias.