Ciclodextrina: la conexión entre "El Señor de los Anillos" y la pandemia de covid-19 é o título do traballo co que Alberto Quian acaba de se facer co Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas. O seu texto, publicado no xornal El Salto en agosto de 2020 dá conta do traballo do departamento de Física Aplicada e do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a analizar o uso das moléculas de ciclodextrina fronte a virus coma o Covid-19. O seu texto, que parte de analoxías coa obra de Tolkien desenvolvidas polo propio grupo de investigación, explica os mecanismos e os potencial desta molécula ao xeito da guerra na Terra Media, os personaxes da obra e outros elementos propios desta ficción.
O fallo valorou do traballo de Quian "a oportunidade de facer coincidir unha investigación galega sobre a covid cun libro e triloxía cinematográfica de éxito como O Señor dos Aneis, o que lle engade atractivo didáctico, no marco dun xornalismo slow". O xurado acordou tamén outorgarlle un accésit de 1.000 euros á peza xornalística titulada Investigación fronte a praga da rata toupa, do xornalista Manuel Cruz Rodríguez, emitido o 10 de abril de 2021 no programa Labranza da CRTVG.
Ao galardón que convoca a Real Academia Galega de Ciencias en colaboración coa Axencia Galega de Innovación presentáronse 19 traballos en diferentes medios. O premio recoñece "unha peza xornalística de carácter científico ou tecnolóxico" e está dotado con 3.000 euros. O galardón entregarase o vindeiro 29 de xuño nun acto que se desenvolverá no Pazo de San Roque de Santiago de Compostela.
O xurado dos galardóns estivo composto pola secretaria da RAGC, a académica Pilar Bermejo; a vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais da Universidade de Vigo (UVigo), Mónica Valderrama; o doutor en Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC); Luis Manuel Villamor; a directora da Área de Centros de Gain, María José Mariño; e a técnico de comunicación de Gain, Silvia López Ben.