O Museo de Pontevedra abre unha sección sobre a Guerra Civil e o Exilio

Incorpora á colección permanente 14 pezas de Federico Rivas, Uxío Souto, Arturo Souto e Camilo Díaz

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Cruce dos Pirineos de Uxío Souto Campos

Cruce dos Pirineos de Uxío Souto Campos

Catorce pezas de Federico Rivas, Uxío Souto, Arturo Souto e Camilo Díaz, que ata o momento só se puideran ver en mostras temporais, acaban de se incorporar como unha nova sección permanente do Museo de Pontevedra. A nova instalación que o centro abre con estas obras foi organizada pola responsable de Coleccións Ángeles Tilve, e quere "facer un percorrido temático relacionando as obras co Álbum de Guerra de Castelao -xa exposto desde 1981- e tamén con outras pezas da planta terceira de artistas que estiveron no exilio interior -como Maside ou Torres-, doutros exiliados da pintura española ou artistas que non sendo exiliados si marcharon fóra e tiveron relación con estes amosando como viviron ese momento da historia".

Dos autores que se incorporan á exposición permanente, ligados ao galeguismo republicano, recóllense seis augadas do vigués Federico Rivas que amosan a represión na zona de Bueu. De Arturo Souto exponse un álbum de debuxos de guerra que publicara o Ministerio de Propaganda Republicano, mentres de Uxío Souto, ademais dalgunhas esculturas, estarán á vista do público dúas augadas que amosan a súa experiencia persoal ao final da contenda coa a fuxida polos Pirineos e a visión das e dos republicanos confinados no campo de refuxiados francés de Barcarés.

Que che parece esta nova?
92 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo de Pontevedra, Guerra Civil, Castelao, Maside...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares