A petición da Dirección Xeral de Belas Artes do Ministerio de Cultura, a Xunta iniciou o procedemento administrativo para declarar Ben de Interese Cultural unha singular peza cientÃfica que se atopa nunha colección privada viguesa: o microscopio de Antony Van Leeuwenhoek, realizado en Delft a finais do século XVII. Este pequeno instrumento, duns cinco centÃmetros de tamaño, é o único exemplar que existe no Estado dos nove en total localizados ao longo de todo o mundo, e foi elaborado por Antony Van Leeuwenhoek, un holandés "considerado o pai da microbioloxÃa e parasitoloxÃa". Con este microscopio, que incorporaba unha lente de 200 aumentos, comezou a observar os microorganismos. A peza pertence á colección Camacho e Pallas, integrada por un matrimonio de médicos vigueses cunha notabilÃsima colección histórica de instrumental e libro cientÃfico. O microscopio foi localizado por un detector de metais durante un baleirado das canles de Delft, que fixo que moitos afeccionados e investigadores rastrexaran o lameiro do fondo na procura de obxectos históricos. O detectorista puxo á venda en eBay o microscopio pensando que se trataba doutro tipo de útiles, e foi adquirido por un valor de 1500 euros polo doutor Camacho, que posteriormente validou o instrumento no Cavendish Laboratory de Cambridge. A peza ten sido exhibida publicamente en museos coma o MARCO de Vigo.