As Xociviga, Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia, son unha parte da historia do audiovisual galego. Naceron antes de que existisen productoras de cine en Galicia, e sentaron na mesma mesa a toda a xente seducida polo mundo da sétima arte e que achegou ganas, soños e moito empeño en achegarse a algo que se puidese chamar audiovisual galego. Foi aí onde naceron moitas das institucións que hoxe funcionan con normalidade (CGAI, AGAPI, EIS...). E este afán constructivo é o que se quere recordar nesta 20ª edición que hoxe comeza.
O Carballiño foi o cerne do que saíron a asociación de productoras, o que hoxe é a AGAPI, a Asociación Española de Historiadores de cine, o propio CGAI, a Escola de Imaxe e Son deste xeito Miguel Anxo Fernández, quen foi a cabeza visible das Xociviga durante 15 anos, resume a importancia do evento.
Pero moito cambiaron as cousas no Carballiño desde 1984 ata hoxe. Miguel Anxo Fernández xa non está á fronte do evento, séguelle nese empeño Anxo Santomil, que procura recuperar aquela marca fresca, renovadora e constructiva do sector audiovisual que foron as xornadas hai anos. Xa non é a Consellería nin o Cine Club os máximos impulsores, senón o propio Concello que tivo que tomar o testemuño logo de que se fosen recortando as axudas ao sector. A historia desta película ten tres grandes momentos.
1984-1997
No ano 1984 desembarca na Dirección Xeral de Cultura o xornalista Luís Álvarez Pousa quen, segundo lembra Miguel Anxo Fernández ,nos anos 70 fora un dos promotores das xornadas de cine de Ourense, co que quixeron recuperar un pouco aquel espírito.
E o lugar e o momento para recuperar aquel ambiente estaba no Carballiño. Había alí un grupo de afeccionados ao cinema que formaban parte dun cineclub que desde nove anos antes organizaban unha semana de cine. Gozaban así da infraestructura e o pasado preciso para poder facerse cargo dunha encomenda tan grande como a que lle facía a Consellería. Souberon e quixeron aceptar o reto que lles ofrecía a Consellería e ese ano a décima edición da semana de cine chamouse xornadas de cine en Galicia. Foi así como o cineclub Carballiño tivo a posibilidade de ser un marco de debate, un centro onde poder expoñer todas as necesidades que estaba a ter o audiovisual galego. E iso si, sempre tiveron as ideas moi claras, apunta Miguel Anxo Fernández, nós queriamos establecer un punto de encontro e de debate de todo o abano do espectro audiovisual. As películas eran como complemento ou garantía mediática do que podía ser de interese para os medios.
E con ese esquema cada ano, ata 1987 foron analizando diferentes facetas do espectro do audiovisual: a producción, a realización, o guión.... así para ir facendo, xa non só país, senón tamén sector do audiovisual.
Pero a etapa xa foi bastante irregular. E este primeiro momento ten dúas fases ben diferenciadas. Hai unha primeira etapa espléndida, recorda Miguel Anxo Fernández, que chega ata 1989, que foi cando xurdiron as iniciativas máis audaces, porque naquel momento o presuposto que teñen as Xociviga permitíannos ser moi arriscado, ser moi ambiciosos. Era o momento do goberno tripartito co que chegaron a ter un orzamento de 54.000 euros, dos que 36.000, chegaban dunha subvención de parte da Consellería de Cultura.
A partir dese ano, foron minguando as axudas, e aínda que mantiña o espírito vivo xa non era o mesmo. Entre o cansazo persoal dos promotores da iniciativa, e a situación de despreocupación por parte das institucións, as Xociviga precisaban un revulsivo.
1997-2002
E ese cambio chegou cun grupo de seis mozos abandeirados por Plácido Baranda e Manuel Nanín que se fixeron cargo das xornadas con moitos ánimos. Sendo conscientes das dificultades estableceron alianzas estratéxicas co Festival de Cine de Ourense e coa Federación de Cine Clubes de Galicia, coas que ir reforzando a súa importancia dentro do sector do audiovisual. Apareceron premios, seccións paralelas a concurso e aproveitaron estas estratexias para seguir facendo camiño.
Pero o que está claro é, segundo Miguel Anxo, que as Xociviga están nunha etapa de crise e de respiración case asistida. E esta situación de asfixia, de desánimo persoal ante os atrancos, sempre de tipo económico e de financiamento, fixeron que estes mozos decidisen no 2001 desistir da organización.
2002 e ata o que faga falla
Desde entón foi cando o Concello do Carballiño, consciente do papel que supuxeron as xornadas, xa non só para o propio concello senón tamén para o audiovisual, decidiu coller as rendas do asunto. E fíxoo, colocando a Anxo Santomil á fronte da organización. Santomil era un vello coñecido das xornadas, coas que colaborara nos seus inicios, fora presidente da Federación Galega de Cineclubes e era a persoa axeitada para asumir unha etapa que debía de ser de transición. E debía selo ou así o tiñan contemplado no programa do ano pasado, onde figuraba unha xornada que sentaría a responsables da Consellería e do Concello para constituír un padroado. No 2002, Anxo Santomil declaraba a culturagalega.org que debería ser unha institución que garanta a existencia deste evento anualmente. Pero a aquela xuntanza non acudiu ningún dos convocados e Anxo Santomil acudiu a San Caetano levar o proxecto de fundación. Desde a presentación -recorda Santomil- mantivéronse unha serie de xuntanzas cos responsables da Dirección Xeral de Cultura ata o mes de abril, que é o momento en que entra un novo director xeral e nos comunica que a Consellería non vai participar neste padroado, o que queda completamente suspendido.
Con este anuncio, as Xociviga volven ao mesmo punto de partida de tantas outras veces. E cun orzamento de 15.000 euros (6000 da Consellería e o resto do Concello), programaron a última hora un evento que pretende volver ás súas orixes, ofrecendo un achegamento á producción cinematográfica portuguesa. Un programa que solo pode ter sentido comprendendo como naceu e como evolucionou un dos eventos que máis contribuíron a crear un audiovisual galego.
Proposta de estatutos para o Padroado das XOCIVIGA.O Carballiño foi o cerne do que saíron a asociación de productoras, o que hoxe é a AGAPI, a Asociación Española de Historiadores de cine, o propio CGAI, a Escola de Imaxe e Son deste xeito Miguel Anxo Fernández, quen foi a cabeza visible das Xociviga durante 15 anos, resume a importancia do evento.

Este documento contén a proposta de estatutos do Padroado para as Xornadas de Cine e Video de Galicia (XOCIVIGA) do Carballiño.