O Premio de Honra Marisa Soto, galardón da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) que recoñece "o labor de persoas ou institucións a prol do noso sector escénico" foi neste 2021 para a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. A veterana cita, que comezou a súa andaina en 1984, ve asà valorado "o enorme labor que significa dende a súa creación a Mostra tanto para a creación de públicos coma para fornecer carreiras profesionais".
A Xunta Directiva da AAAG, responsable da selección, destaca ademais que "Cangas representa para o conxunto da nosa profesión escénica un punto de encontro, un lugar de agarimoso abeiro e un enorme referente cultural que serviu, serve e servirá para construÃr un sector que lle debe tanto a Mostra de Cangas e a todas as persoas que, dende a súa creación, se afanaron ano a ano na súa organización". A Asociación lembra ademais a Xosé Manuel Pazos, un dos impulsores do evento, falecido o pasado mes de xaneiro.
O galardón salienta ademais "o importante labor, pioneiro e referencial, que significan as xornadas Mulleres en Acción", que se desenvolven no marco da Mostra. O compromiso coa igualdade co festival amósase tamén en ser "o primeiro festival do estado en aplicar criterios de paridade e igualdade na súa organización e na súa programación", segundo destaca a directiva da AAAG.