Morre o empresario e activista cultural Alfonso Paz-Andrade

Estivera vinculado a importantes institucións da cultura galega

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Alfonso Paz-Andrade. Foto: Industrias Pesqueras.

Alfonso Paz-Andrade. Foto: Industrias Pesqueras.

Un accidente de tráfico onte en Gondomar rematou coa vida de Alfonso Paz-Andrade, un destacado empresario e activista da cultura galega que era fillo de Valentín Paz-Andrade, fundador de Pescanova. Alfonso Paz-Andrade, nacido en 1940, mantivo o legado do seu pai e o compromiso coa cultura galega, participando en importantes iniciativas como a fundación do Museo do Pobo Galego e do Instituto Galego da Información, foi membro do pleno do Consello da Cultura Galega entre 2010 e 2013 e pertenceu ás directivas da Fundación Castelao, a Fundación Xosé Neira Vilas, a Fundación Luís Seoane ou a extinta Fundación Caixa Galicia. Na actualidade dirixía a revista Industrias Pesqueras, publicación ligada ao sector vigués da pesca desde 1927.

Que che parece esta nova?
99 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito