Dous veteranos da BD galega publican novas obras

Fausto presenta unha nova aventura de Simón Martel e Víctor Tizón asina O pexego mecánico

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Dous veteranos da BD galega publican novas obras

As librarías galegas están a recibir dous novos lanzamentos de BD galega realizados por autores que comezaron a súa carreira nos anos 80. Fausto Isorna acaba de presentar Camiño de Santiago. A aventura xacobea de Simón Martel. Publicada por El Patito Editorial co apoio de Turismo de Galicia e da Secretaría Xeral de Política Lingüística a obra retoma a protagonista da que se reivindica como a serie de BD con máis títulos publicada no noso país. Desta volta Martel enfróntanse aos desafíos que atopa durante a súa peregrinación a Compostela, a seguir a súa proposta para todos os públicos inspirada nos clásicos da BD francobelga.

Pola súa banda, Demo Editorial recupera o histórico Víctor Tizón, nome habitual dos fanzines da Movida viguesa, que asina O pexego mecánico. Esta obra, chea de humor negro, preséntase como "fresca, transgresora, reflexiva sobre a vida e a morte, con diálogos delirantes e un humor surrealista que agocha un fondo filosófico de apariencia underground. É o suicidio unha porta de saída? Ou é quizáis unha porta de entrada? Será que é unha porta xiratoria? Abrídea e comprobádeo vós mesm@s", adianta a editora.

Que che parece esta nova?
99 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fausto Isorna, Turismo, Política Lingüística, Clásicos...