Continúan as aventuras de Simón Martel nun novo álbum de BD

A Fundación Caixa Galicia edita Enigma Soterrado de Fausto Isorna

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Capa de Enigma Soterrado

Capa de Enigma Soterrado

A Biblioteca da Fundación Caixa Galicia en Compostela acolle o vindeiro día 28 a presentación de Enigma Soterrado, o novo álbum das Aventuras de Simón Martel. A obra de Fausto Isorna, de 48 páxinas a cor, preséntase en formato apaisado e conta unha nova historia de aventuras protagonizada por Simón Martel e os personaxes xa habituais da serie, a máis lonxeva da nosa BD. A coincidir coa presentación da obra, inaugurarase no mesmo local unha mostra de orixinais dos dous últimos álbums da serie.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fausto Isorna, Fundación Caixa Galicia, Santiago de Compostela