
Visitas guiadas, audioguÃas emocionais, un concerto e mais o espectáculo teatral Manuela é unha inuit, de Sr. López Producións son as propostas que desenvolverá o Museo de Belas Artes da Coruña. O Museo das Peregrinacións e de Santiago acolle un concerto de Abraham Cupeiro, mentres o Centro Galego de Arte Contemporánea programa o obradoiro en liña Escoita profunda un ciclo de proxeccións arredor de Pauline Oliveros e, o sábado 22, unha ruta arqueolóxica por Santiago de Compostela. O Museo da Cidade da Cultura contará con visitas guiadas á exposición Faraón e proxectará a peza Formas da Aparencia de Verónica Vicente.
A narración oral de Quico Cadaval e mais obradoiros didácticos compoñen a oferta do Museo Arqueolóxico Provincial para esta celebración, mentres o do Castro de Viladonga achegará un concerto en liña de Germán DÃaz. Pola súa banda, o Museo de Pontevedra organizou unha intervención artÃstica colectiva que comezará con Itziar Ezquieta, Begoña Paz, MarÃa Paz, MarÃa Covadonga e Laura Otero e que se abrirá despois a toda a cidadanÃa. Concertos de Laura Lamontagne e de MarÃa DomÃnguez Pérez son outras iniciativas da celebración.
No Museo do Pobo a data conmemórase cun encontro de responsables destes centros do paÃs a debater a situación derivada da pandemia, un espectáculo de tÃteres e visitas comentadas á exposición Ons Soa. En Vigo, o MARCO desenvolve visitas guiadas á exposición 4 Proxectos e obradoiros para público infantil e adulto.