Os fondos de recuperación para a pandemia van supor a maior partida orzamentaria da cultura da última década, e ante esta nova situación o Observatorio da Cultura Galega do Consello da Cultura emitiu un documento de traballo no que propón prioridades a partir dos datos obtidos nos estudos realizados durante o periodo da Covid-19. O CCG propón que se incremente o gasto en cultura por riba do 1% que se recoñece como umbral mÃnimo de investimento público e que con este incremento "se marque o obxectivo do gasto para o futuro". E unha significativa parte procederÃa de incrementar a produción cultural: "Non pode entenderse un programa de estÃmulo que ao tempo contemple unha redución da produción ordinaria en cultura". Para o CCG, é moi importante xenerar accións directas encamiñadas a protexer os artistas autónomos e pequenas empresas, que son claves no tecido cultural galego, a través de "bonos consumo; incrementar as adquisicións de entidades publicas de apoio a artistas e creadores; incentivar o mecenado, o investimento privado e o gasto en cultura de empresas e de individuos". Estas medidas permiten un marco comprensible e rápido para os beneficiarios que permitira atender ás necesidades vitais urxentes como vivenda ou alimentación. Adicionalmente, o CCG propón medidas como "acelerar a dixitalización" a través a formación, o desenvolvemento de ferramentas de xestión e o impulso do comercio electrónico.